Foz 03 de setembro do 2019. O alumnado e profesorado do Colexio CEIP nº 1 de Foz terán que convivir coas obras do centro xa que como é evidente, levan retraso e non estarán rematadas para o inicio do curso. Pero era de esperar xa que o cartel da obra o advertía, 3 meses de execución, (iniciándose o día 17 de xullo é imposible estén rematadas o 11 de setembro data do inicio do curso). Así pois, a Xunta de Galiza mellora despois de 50 anos as instalacións mais faino de xeito torpe, sen información sen asumir responsabilidades e faino con retraso e obrigando a ter que soportar as obras durante o inicio do curso.
A Consellería de Educación, por voz da inspección de Educación dí que segue de vacacions e non atende as peticións de información da comunidade educativa. Así o claustro do CEIP atopouse a volta do veran co CEIP en obras. Foi preciso o seu acomodo e instalación na Escola Municipal de Música onde realizan as suas tarefas cunha encomiable profesionalidade e salientable incomodidade. Acompaña o sainete a ausencia de información, dos prazos e tampouco hai concreción da mais que probable convivencia das obras e o inicio do curso (a ver como se explica logo a situación do parque infantil do centro). Os docentes deberon dar a cara e facer o que non fixo a Consellería, informar as familias do cambio dos puntos habituais de información a comunidade educativa (actualmente está prohibido entrar no centro evidentemente po las obras), do probable retraso do inicio das clases (estímase en torno ao 16 de setembro) e das moitas dúbidas desta data e doutras como a dos períodos de adaptación do alumnado de infantil que inicia a sua andaina con 3 anos. Conciliar a vida familiar e laboral deste xeito e ben difícil, pero non o sabe e non contesta o PP.
O CEIP nº 1 de Foz conta cos mellores docentes, coa mellor comunidade educativa e a aspiración de titores legais e alumnos e continuar recibindo a mellor educación nun centro mellorado, (que xa non era sen tempo), pero sufre aos peores xestores e os menos sensibles as molestias da comunidade probablemente por que estén mais ocupados en implementar o ensino privado subvencionado como ven de confirmarse no novo descenso de unidades. Á volta do verán Galiza, pola desastrosa xestión do PP, contará con 6 escolas unitarias menos baixo a escusa de non chegaren a contar con 6 matrículas cada unha delas. Ademais, a Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional elimina para o curso 2019/2020 até 67 unidades de educación infantil, primaria e educación especial. Pola contra, só crea 25 unidades educativas novas, a meirande parte no ensino privado subvencionado. Unha pésima xestión. O BNG de Foz, apoia aos docentes do ensino público, congratúlase po la sua profesionalidade e dedicación mais esixe da Xunta a inmediata aclaración a comunidade educativa do CEIP nº 1 de Foz da sua situación para o inicio deste curso 2019-2020.



















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



