Barreiros, 19 de setembro de 2019. O Concello de Barreiros saca a licitación un contrato de obra para a pavimentación de camiños, concretamente para: Carretera da Barcela, Urbanización Viladaíde, Suaigrexa, carretera de Sarxendez, carretera en Ferrería, de rotonda de Autovía a carretera de Trabada, carretera de Insua, carretera de Pedreira, Igrexa de San Xusto a campo da festa e camiño de Mescosa. O importe é de 192.022,87 € e está cofinanciado pola Deputación de Lugo a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos do ano 2019 con 180.610,27 €, os 11.412,60 € restantes ponos o Concello. O prazo de execución das obras é de 3 meses e en todo caso terán que estar rematadas antes de outubro do ano 2020.
A outra licitación trátase da ampliación do centro social de San Xulián de Cabarcos. O importe das obras é de 67.686,80 € e tamén está cofinanciado pola Deputación de Lugo a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos do ano 2019 con 57.558,37 €, os 10.128,43 € restantes ponos o Concello. O prazo de execución das obras é de 6 meses e en todo caso terán que estar rematadas antes de outubro do ano 2020.
Ámbalas dúas licitacións están publicadas na Plataforma de Contratación do Sector Público e as ofertas deberán presentarse de maneira electrónica.











O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



