Mondoñedo, a 17 de setembro de 2019. O Concello de Mondoñedo, presidido pola popular Elena Candia, da un paso máis nas súas políticas de benestar social e, xunto cos de Abadín, Riotorto e Trabada xestionará un servizo de educación e apoio familiar. Ao fío do convenio que se establecerá entre estes concellos, por iniciativa de Mondoñedo, solicitarán as correspondentes subvencións á Xunta de Galicia para programas de emerxencia social e a inclusión da poboación xitana, inmigrante e outras persoas e colectivos en risco de exclusión. Hai que recordar que os municipios citados xa traballan xunto con Barreiros, Lourenzá e A Pastoriza para configurar unha rede de servizos sociais ampla e de calidade, co fin de garantir unha intervención social eficaz, persoalizada e de proximidade.
Con esta nova iniciativa, perséguese, por un lado, incrementar, mellorar e acercar os servizos sociais aos cidadáns que máis os necesitan. Por outro, búscase unha maior eficiencia no uso dos recursos públicos. O alto custe dos servizos de calidade esixe, como se sinala polos citados concellos, «a colaboración entre distintas administracións locais, coa finalidade de poder prestar aos veciños actividades e servizos que na actualidade se consideran imprescindibles como medio para mellorar as relacións cos mesmos». Unha colaboración interinstitucionalque é especialmente relevante nun contexto socioeconómico moi marcado pola crise económica.
Segundo as previsións, o servizo levarase a cabo en todos os municipios que participan nesta iniciativa, como mínimo un día por concello e, tamén, segundo as necesidades de cada momento. Os obxectivos que se perseguen son promover que as familias adquiran as habilidades necesarias para o adecuado desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas. Quérese poñer a disposición dos usuarios atención psicolóxica, ademais de recursos e itinerarios socioeducativos. Outro dos obxectivos é favorecer a integración das familias e unidades de convivencia en todos os ámbitos da vida comunitaria, así como previr situacións de vulnerabilidade ou risco social. Igualmente, se promoverán espazos de encontro de nais e pais para a formación compartida e mellora da educación familiar.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica que «a prestación de servizos de benestar social é unha preocupación que distingue aos gobernos populares». Indica que «no caso de Mondoñedo, os veciños saben que o Concello busca continuamente novos recursos para mellorar estas prestacións». Engade que, no caso dos concellos, o traballo en rede é a vía adecuada para ofrecer servizos aos seus veciños,porque de modo individual, polas súas limitacións económicas, teñen moi difícil poder facelo.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



