Viveiro, 19 de setembro, 2019. O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro insta ao Concello a adaptar os parques públicos para uso compartido por persoas e animais de compañía. Deste xeito, os populares consideran que esta iniciativa se pode levar a cabo acotando certas zonas de paseo libre por tamaños, portas de acceso dobres, fontes de auga para cans e persoas, zona na que os animais realicen as súas necesidades, de xogos e contedores específicos. Asemade, consideran tamén prioritario crear unha comisión, na que exista representación de cada grupo político, así como técnicos de urbanismo, veciños e colectivos interasados para acordar os emprazamentos máis axeitados, e unha ordenanza ao respecto que regule estas cuestións.
No marco do compromiso que os populares asumen con esta moción, e en aras de sumar, propoñen como primeira ubicación o parque situado enfronte ao Eccehomo, na zona da Misericordia. Dende o PP consideran que así se contribuiría a paliar “un problema diario de limpeza e salubridade sobre o que os veciños e veciñas nos teñen trasladado as súas queixas”.
Os populares consideran que“as vías públicas e privadas de uso común se atopan nun estado lamentable” e o abandono de excrementos nas vías públicas e privadas de uso común “estase a converter nun dos principais problemas, entre outros, de limpeza e hixiene no noso concello. Ademais, engaden, “debemos ter presente a mala imaxe que isto ofrece ás persoas que visitan Viveiro”.
“Non se trata só dun problema visual ou olfactivo, senón tamén de saúde pública”, defenden. Nese sentido, sinalan que “o maior grupo de risco son os nenos e nenas, que poden resultar parasitados, debido ao contacto coa terra ou con obxectos en contacto cos excrementos dos cans que non se recollen das rúas”. Outros grupos de risco poden ser as persoas inmunodeprimidos, pacientes sometidos a tratamentos oncolóxicos, transplantados, persoas maiores e mulleres embarazadas porque “todos eles son vítimas fáciles destes parasitos que poden vivir durante moito tempo no medio ambiente”.
Os populares viveirenses lembran que “a Ordenanza Local de Policía ou Bo Goberno establece como norma básica de urbanidade e respecto os seus concidadáns, os donos de animais domésticos que circulen polas vías públicas urbanas estarán obrigados a recoller as deposicións dos mesmos e depositalas en papeleiras, contedores ou demais instalacións o efecto”. Igualmente, “a Constitución Española recolle o dereito de tódolos cidadáns a desfrutar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa e o deber dos poderes públicos de velar pola utilización racional de todos os recursos naturais co fin de protexer e mellorar a calidade de vida e defender e restaurar o medio ambiente”.
Polo tanto, “a lexislación vixente obriga ao propietario do animal a recoller de forma inmediata os excrementos”. Así mesmo, é de uso obrigado o microchip que permite a identificación do animal e do seu propietario co que, ademais, se procura evitar, en certa medida, o seu abandono.
Cumprimento da Ordenanza da Política e Bo Goberno
Dende o Grupo Municipal do PP instan ademais ao Goberno Local, a través da moción, a que“se comprometa a facer cumprir o establecido na Ordenanza da Policía e Bo Goberno en relación co artigo 58, onde se fai referencia a tenencia de mascotas” e “a elaborar e someter a pleno unha ordenanza de mascotas, onde se regule a tenencia, control e protección dos animais, especialmente en materia de censo canino, así coma as sancións pertinentes”.
Apoio a Alcoa
No marco do frente común liderado e anunciado en días pasados polo PP, os populares de Viveiro pedirán no vindeiro Pleno que o Concello inste ao Goberno Central a cumprir todos e cada un dos compromisos asumidos recentemente pola ministra de Industria para garantir a actividade industrial e os empregos, tanto directos como indirectos, que xera Alcoa; a principal empresa da Mariña e da provincia.



















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



