Lugo, 19 de setembro de 2019. Este domingo preséntase en Ribadeo a primeira función do proxecto Camiño Escena Norte, unha ambiciosa iniciativa de intercambio promovida polas asociacións de produtoras escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, que nos traerá varios espectáculos destas comunidades a territorio galego, e levará obras galegas a estoutras rexións seguindo o ronsel do Camiño Norte.
Na presentación do programa esta mañá en Lugo estiveron presentes Diego V. Meizoso, coordinador do proxecto e xerente de Escena Galega, promotora do proxecto; e Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo.
O proxecto xa botou a andar o 2 de setembro no Salón Teatro cunha experiencia de residencias de creación escénica baseada no intercambio entre compañías das catro comunidades participantes. Neste caso son a galega Urdime e a asturiana El Callejón del Gato, que están a desenvolver en coprodución un espectáculo orientado á primeira infancia, que aúna a interpretación actoral, a manipulación e títeres e obxectos.
E o vindeiro 22 de setembro comezarán as funcións ao longo do Camiño Norte ata chegar a Santiago. Comeza ese día en Ribadeo, continúa en Mondoñedo o 28, Lugo o 3 de outubro e Vilalba o 5. A continuación serán Arzúa, Sobrado dos Monxes e Compostela. Nestas localidades poderanse ver os espectáculos “Bojiganga” de Teatro del Cuervo; “Como ceniza blanca sobre una hoguera”, de La Tejedora de Sueños; “El viaje de Ulises”, de Teatro Gorakada; “La Novia del Viento”, de Ábrego Producciones; “Beatus, visiones del Apocalipsis”, de Espacio Espiral; e “Sagartu” de Hika Teatroa. Todos de libre acceso ata completar aforo.
Mentres en Galicia poderemos ver estes espectáculos astures, cántabros e vascos, dúas compañías galegas amosarán as súas últimas producións nestes territorios: elas son Baobab Teatro, con “Luppo”, e A Panadaría, con “Elisa e Marcela”. Ademais, Contraproducións estará en residencia en Euskadi.
Ademais, haberá máis actividades: o 9 de outubro, dentro do FIOT de Carballo terá lugar un encontro de dramaturgos/as das catro comunidades autónomas arredor das artes escénicas e a diversidade cultural. E tamén actividades de mediación arredor dos espectáculos para conectar co público, enriquecendo a experiencia espectáculo-espectador/a. Serán obradoiros previos de contextualización e encontros co público despois das funcións.
Camiño Escena Norte, o proxecto
Camiño Escena Norte é un proxecto artellado arredor dun novo itinerario de intercambio cultural que toma a ruta histórica do Camiño de Santiago do Norte como referencia para unha intensa programación escénica, expandida ademais nos eidos das sinerxias sectoriais, a mediación co público ou a reflexión.
Camiño Escena Norte xorde co obxectivo de coñecer máis e mellor aos nosos veciños e veciñas, dando a posibilidade ao público de ter acceso a producións escénicas doutros territorios ás que doutra maneira non accederían. Aproveitando esta ruta cultural e histórica que nos une dende hai séculos creamos un novo camiño de cultura con espectáculos de teatro e danza, encontros, obradoiros, xornadas ou residencias de creación, no que mostrar a diversidade cultural, lingüística e de formatos e linguaxes escénicas da produción galega, asturiana, cántabra e vasca.
Este proxecto está promovido polas asociacións de produtoras escénicas de cada unha das autonomías implicadas: Escena Galega, EscenAsturias, ACEPAE (Cantabria) e Eskena (Euskadi). Está apoiado en Galicia pola Xunta de Galicia a través de AGADIC, canda as deputacións da Coruña e Lugo e a Fundación SGAE.
ESPECTÁCULOS EN LUGO
Bojiganga, de Sergio Gayol. Teatro del Cuervo (ASTURIAS) – a partir de 12 anos
Unha compañía do século XXI trata de manter viva esa chama do teatro que parece non importar a ninguén máis. É dende esta realidade dende onde xorde a idea de volver aos clásicos do Século de Ouro español, coa intención de tender unha ponte de unión entre o público daquela e o actual, de recuperar a mensaxe esencial que conecta aos seres humanos máis aló de toda época e lugar. A nosa buxiganga percorrerá o camiño representando o entremés de Cervantes “El retablo de las maravillas” sobre un escenario improvisado á maneira do século XVI.
Será o público o que asuma o papel do pobo, participando da historia dunha forma activa.
22 setembro: “Bojiganga” (Teatro del Cuervo), Auditorio Hernán Naval de Ribadeo (22.00) + obradoiro (18.30)
28 setembro: “Bojiganga” (Teatro del Cuervo), Praza da Catedral de Mondoñedo (20.00) + debate posterior
Como ceniza blanca sobre una hoguera, de Néstor Villazón. La Tejedora de Sueños (ASTURIAS) – público adulto
Zaragoza, 1485. Os Reis Católicos buscan unificar unha España dividida baixo o xugo da Santa Inquisición. Na súa defensa os xudeus máis ricos da cidade prepararán o asasinato do inquisidor xeral Pedro de Arbués. As súas consecuencias empezan a facerse visibles dende o comezo: Yannis e Milena, parella que dubida se pertencer ou non a esta conspiración, son detidos e encarcerados, guiando ao espectador no xuízo habitual a un herexe.
3 outubro: “Como ceniza blanca sobre una hoguera” (La Tejedora de Sueños), Auditorio Gustavo Freire de Lugo (20.00) + debate posterior
A viaxe de Ulises / Ulisesen bidaia, creación colectiva sobre un texto de Julio Salvatierra. Teatro Gorakada (EUSKADI) – Público infantil e familiar
Os deuses gregos moraban na cima do monte Olimpo e gobernaban sobre os seres humanos, influíndo sobre estes coa súa protección ou co seu abandono. Algúns homes ousaron desafiar os seus caprichos e foron vítimas da súa ira, como no caso de Ulises, quen ao ofender a Poseidón deixando cego ao seu fillo Polifemo, este impídelle volver a Ítaca, deixándoo vagar sen rumbo por todo o mar Mediterráneo. A historia de Ulises é a historia da viaxe como metáfora da vida, da loita contra as dificultades e a forma de resolvelas.
Espectáculo en castelán con cancións e diálogos en euskera.
5 outubro: “El viaje de Ulises” (Teatro Gorakada), Auditorio Carmen Estévez de Vilalba (18.30) + obradoiro (16.30)























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



