Ribadeo, 1 de setembro de 2019. O público abarrotou o Teatro ribadense para asistir ao pregón que pronunciou o xornalista Fabián Pérez na tarde-noite de onte. Así deron comezo as festas patronais de 2019 en Ribadeo.
Fabián Pérez, que na actualidade traballa como reporteiro no programa Todo es mentira, de Cuatro, referiuse ás lembranzas que lle traen estes festexos desde neno. Contou como disfrutaba nos coches de choque ou como lle daba medo o saltamontes. Aludiu á presenza das orquestras nas festas dos pobos e tivo un recordo para Salitre, unha formación de Ribadeo. Pero o momento máis emotivo da noite foi cando lembrou á súa nai, falecida hai uns meses, e un dos últimos percorridos que fixo con ela polo campo da festa en 2017. O xornalista ribadense falou tamén do seu amor por Ribadeo e definiuse coma un traballador da Oficina de Turismo de Ribadeo en Madrid, subliñou que anima a todo o mundo a vir coñecer esta vila, pero lembrou tamén a precariedade dalgunhas infraestruturas coma por exemplo o ferrocarril ou a distancia que debe percorrer un turista que colla o avión ata Coruña, Santiago ou Oviedo.
Fabián Pérez foi ovacionado en varias ocasións por un público entregado, entre os que se atopaban familiares, amigos ou compañeiros de colexio e instituto, entre outros.
Pérez Rego amosouse moi orgulloso e emocionado de ter sido elixido para ser o pregoeiro das festas de Ribadeo, a pesares da súa xuventude.
Ao remate da súa intervención Juan José Otero, o presidente da comisión organizadora, fíxolle entrega dun agasallo como mostra de agradecemento. E a continuación tivo lugar a actuación da Coral Polifónica de Ribadeo.
A Fabián Pérez precedérono na palabra Juan José Otero, que tivo palabras de agradecemento para todas as empresas, comercios, establecementos hostaleiros, veciños e veciñas que colaboraron coa comisión organizadora para que as festas de Ribadeo sexan realidade un ao máis. O presidente agradeceu o apoio do Concello e da Xunta de Galicia. Tamén fixeron uso da palabra o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o tesoureiro da comisión, Avelino Martínez.
O programa de actividades das festas patronais de Ribadeo 2019 seguirá o 5 de setembro co Día Infantil. Ás 16:00 horas haberá teatro para os nenos e nenas de 3 a 10 anos. Será a storytime Around the world, by Kids&Us School of English Ribadeo. Ás 16:30 horas no parque Diverneno con inchables, festa da escuma e moito máis. No caso de que o tempo non acompañe os xogos trasladaranse ao pavillón do colexio Gregorio Sanz. E xa pola noite ás 22:30 horas haberá festa verbena amenizada pola orquestra Los Satélites.
O 6 de setembro, venres, as orquestras Trébol e Nueva Fuerza serán as encargadas de amenizar a festa verbena desde as 22:30 horas.
O día 7, véspera da Patroa, grandes bombas de palenque anunciarán esta data pola mañá. Ás 11:30 horas sairán os Cocos e os Cabezudos, acompañados polo grupo Amigos da Gaita. Ás 22:30 haberá verbena con Passarela e La Favorita. E ás doce da noite terá lugar a gran sesión de fogos artificiais no peirao.
O día grande das festas patronais de Ribadeo será o 8 de setembro, festividade de Santa María do Campo. A xornada arrincará con potentes bombas de palenque. Ás 12 do mediodía na igrexa parroquial será a misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo, seguida da procesión que estará acompañada pola Banda Municipal de Música ribadense, que despois ofrecerá un concerto diante do Concello. Xa pola noite as orquestras Palladium e Televisión serán as encargadas de poñer a nota musical na verbena.
E o 9 de setembro será o Día dos Nenos. Durante esa xornada haberá prezos populares nas atraccións das festas.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



