Foz, 28 de setembro de 2019. O colectivo Amigos de Ceferino Díaz , acompañados de familiares, militantes, amigos e veciños da Mariña, homenaxearon ao galeguista inaugurando un monólito na súa memoria na Praia da Rapadoira de Foz. Na escultura pode lerse a seguinte lenda: ‘A Ceferino Díaz. Exemplo de compromiso co País. Un home socialista, galeguista, bo e xeneroso”.
Segundo o colectivo convócante “Ceferino é un dos maiores valores políticos que tivo Galicia”. Previamente a este acto houbo unha mesa redonda co título; “O galeguismo na actual conxuntura política e institucional’, na que participaron o ex-Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño; o arquitecto e ex-Alcalde de Santiago de Compostela, Xerardo Estevez, o ex -voceiro Parlamentario, Ismael Rego e a Subdelegada do Goberno,Isabel Rodríguez.
Na charla homenaxe todos os intervintes coincidirón en preservar o legado político de Ceferino Díaz, e insistiron e continuar coa senda do galeguismo que tanto defendeu. Os actos remataron cun xantar de confraternización con todos os asistentes.
Asistentes
Na homenaxe asistiron numerosos representantes socialistas que estivo encabezada pola Secretaria Xeral da Provincia, Patricia Otero; o Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca e os representantes da Executiva Galega, Pablo Arangüena e Martín Seco. Así como os Alcaldes de Foz, Fran Cajoto; Burela, Alfredo Llano; Valadouro, Edmundo Maseda; Alfoz, Jorge Val, acompañados de numerosos amigos e veciños.
Ceferino Díaz: un dos pais do Estatuto de Autonomía
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Economía Aplicada das Facultades de Ciencias Económicas e de Ciencias Políticas ata 2012. Iniciou a súa carreira política en 1972 no PSG e en 1978 ingresa no PSdeG-PSOE, formando parte do Colectivo Socialista Galego. Foi secretario de Relación Políticas no PSdeG-PSOE (1979-1980) e vicesecretario xeral (1980-1982) nun período de grande importancia para o futuro desenvolvemento social e político de Galicia no que xogou un papel fundamental na negociación, redacción e defensa do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, sendo considerado como un dos país dese Estatuto, aínda vixente. É ademais autor do libro A esforzada conquista da Autonomía. 1979-1981 Unha ollada dende o socialismo galego (Galaxia, 2007) na que explica o crucial papel do socialismo galego no proceso estatutario. Ceferino Díaz faleceu en Compostela en decembro de 2012.




















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



