Ribadeo, 10 de setembro de 2019. A axenda cultural de Ribadeo para estes días inclúe unha exposición da ilustradora local Mónica Justo, que dará comezo o venres, 13 de setembro, e un espectáculo para os máis pequenos o domingo 15. Ademais están á venda as entradas para o espectáculo que El Brujo presentará, no auditorio municipal, o día 29 de setembro.
Este venres, 13 de setembro, inaugúrase unha exposición da ilustradora ribadense Mónica Justo. A mostra permanecerá aberta na antiga Oficina de Turismo, no parque San Francisco, ata o vindeiro día 23 deste mes. O horario de visitas será de 19:00 a 21:00 horas de luns a venres; de 12:30 a 14:00 horas e de 19:30 a 21:30 horas, os sábados; e de 12:30 a 14:00 horas, os domingos.
Ademais, dentro do proxecto Apego o grupo Musicreques presentará O Quebranoces para Bebés. Trátase dunha proposta de conto musical que levan a cabo dúas profesoras do conservatorio. Ten unha duración de vintecinco minutos, está dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos e terá lugar o vindeiro domingo, 15 de setembro, ás 17:30 horas no Teatro. O prezo da entrada é de 3 euros.
Desde a Concellaría de Cultura tamén lembran que están á venda as entradas para o espectáculo Autobiografía de un Yogui que Rafael Álvarez El Brujo presentará en Ribadeo o 29 de setembro. A representación terá lugar no auditorio municipal, ás 20:00 horas. A venda anticipada está dispoñible https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/240_auditorio-municipal-de-ribadeo. O prezo é de 15 euros.
As entradas tamén poderán adquirirse o mesmo día da función na billeteira do auditorio, que estará aberta ás 18:30 horas.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



