O novo presidente da Audiencia d’A Coruña, Ignacio Picatoste, ven de recoñecer unha punxente realidade: a inmensa maioría dos órganos xurisdicionais galegos están ultrapasados de traballo. Malia o esforzo da meirande parte da maxistratura, funcionariado, malia a colaboración da avogacía e da procura, non se da feito. Unha moi complexa situación, aínda agravada pola longa-e moi xustificada- folga dos funcinarios xudiciais de xestión, tramitamento e apoio do primeiro semestre de 2018.
A situación é aínda máis grave no que atinxe aos colectivos de xusticiábeis máis precisados de protección. Velaí as reclamacións salariais dos traballadores, que adoitan demorarse máis de dous anos, as demandas de nulidade de cláusulas bancarias abusivas, que se están a sinalar nalgúns dos xulgados funcionalmente especializados cun ano de atraso sobre o que dispón a Lei procesual, os procedementos contencioso-administrativos que atinxen máis aos dereitos da cidadanía (expropiacións, contratación administrativa…), nomeadamente demorados no TSXG e nos Xulgados do Contencioso composteláns. A falla de medios dos Xulgados do Mercantil demora o tramitamento dos concursos de acredores e máis a tutela dos socios minoritaris ou dos que reclaman dos antigos administradores débedas de sociedades insolventes. Mentres, os Xulgados de Familia non son quen a tramitar en tempo urxentes execucións ou modificacións de medidas, os Xulgados de Instrución non teñen medios axeitados para investigar as corrupcións públicas e privadas e máis a delincuencia de colo branco e os Xulgados de violencia contra a muller non dan feito coas necesidades bxectivas de protección das vítimas do crime machista.
Sofrimos esta situación malia o esforzo dos profesionais todos, como xa adoita ocorrer na sanidade pública galega e nalgúns níveis do noso ensino público . Porque sen ese esforzo o cadro sería de colapso total. Que chegará, sen dúbida, se non lle pomos solucións.
Ao PP e PSOE, que fixaron as prioridades orzamentarias dende a transición, nunca lles interesou a Administración de Xustiza. Porque non interesa que a cidadanía controle a legalidade da actuación das Administracións ou que os consumidores reclamen os seus dereitos fronte á Banca ou que as pemes e autónomos reclamen esa grande morosidade de 60.000 M€ que a grande empresa do IBEX35 mantèn con eles. O que si interesou foi a recentralización xudicial penal, laboral e contenciosa a prol dunha “Audiencia Nacional” próxima a Poder Executivo estatal e á que se lle dotou deos medios negados aos Xulgados e Tribunais galegos.
Engádanlle vostedes a este cóctel un número de xuizas e xuices moi baixo (12 /100.000 habitantes fronte aos 21/100.000 da media europea) e os dez anos e medio de retalladas de Feijóo e Rueda e chegamos á situación de hoxendía. A dunha xustiza demorada que, cada volta máis, constitúe unha xustiza rexeitada.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.