A Mariña, 25 de outubro de 2019. O vindeiro luns, 28 de outubro, terá lugar o cuarto sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. Será en Burela. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 21 ao 27 deste mes no comercio asociado a Acia local entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Burela.
En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia participante. A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña desenvólvese en Burela do 21 ao 27 de outubro e o sorteo está previsto para o día 28 no CCA burelés; en Ribadeo a campaña será do 28 de outubro ao 3 de novembro e o sorteo farase o 4 en Acisa; en Covas esta campaña da FCAM terá lugar do 4 ao 10 de novembro e o sorteo será o 11 en Beiras de Viveiro; 1.000 motivos para mercar na Mariña será en Lourenzá do 11 ao 17 de novembro e o sorteo efectuarase o 18 na Acia laurentina. A campaña rematará do 18 ao 24 de novembro en O Vicedo, onde o sorteo será o 25 na Acia desta vila.
A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña está organizada pola Federación de Comercio A Mariña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



