A Mariña, 28 de outubro de 2019. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza mañá, 29 de outubro, un Fam-Trip á Ruta da Faba ao que asistirán distintos operadores turísticos da Mariña e do resto de Galicia. O obxectivo desta acción, baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia, é impulsar e espallar ao resto do territorio que acolle a indicación xeográfica protexida (IXP) este produto turístico con identidade propia e que ofrece ao visitante unha experiencia diferenciada. A xornada comezará coa benvida aos participantes no Centro de Interpretación da Faba ás 10:30 horas e rematará arredor das 18:00 horas na Cooperativa Terras da Mariña. Á cita acudirán 30 persoas.
A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, explica que “aínda que o nome a relaciona, e con razón, ao concello laurentino a indicación xeográfica protexida (IXP) acolle actualmente a produción de Faba de Lourenzá en 15 concellos da Mariña Lucense. Debido ás características do solo e ás técnicas tradicionais empregadas no seu cultivo, as leguminosas producidas na Mariña Lucense presentan unha calidade excepcional contrastada”.
Hermida conta que “ao Fam-Trip asistirán distintos operadores turísticos do propio xeodestino, pero tamén do resto de Galicia. Coñecerán esta iniciativa en primeira persoa guías oficiais, responsables das principais oficinas de turismo da Mariña e axencias de viaxes procedentes de Lugo, Vigo, Pontevedra e Santiago. Así mesmo, están convidados os aloxamentos adheridos ao proxecto Turismo Slow Norte de Galicia que, tamén baixo o convenio asinado coa Xunta, apoia a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense en colaboración coa de Ferrolterra Rías Altas. A Ruta da Faba é unha ruta que transcorre ao longo dunha xornada enteira por Lourenzá, un produto que se axusta a esta filosofía slow ao fuxir das présas, das masificacións e que busca, sobre todo, que o viaxeiro coñeza e se empape da cultura local”.
Durante a xornada os operadores turísticos farán visitas guiadas polo patrimonio artístico de Lourenzá coma o Mosteiro e Igrexa de San Salvador, o Museo de Arte Sacro e o Pazo de Tovar. Haberá degustacións gastronómicas onde a Faba de Lourenzá, a faba verdina e os produtos da Mariña Lucense serán os protagonistas e ademais poderán adentrarse no mundo do proceso de cultivo desta leguminosa, visitando o Centro de Interpretación da Faba, a Cooperativa Terras da Mariña e, se a meteoroloxía o permite, visitar unha plantación e interactuar cos produtores.
Os encargados de darlles á benvida ao Fam-Trip serán o presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e Paloma Vázquez, xefa de Área Provincial de Turismo en Lugo. A hora de inicio será ás 10:30 e o punto de encontro o Centro de Interpretación da Faba.
A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade sinala que “ao rematar no Centro de Interpretación iremos visitar a Igrexa de Santa María de Valdeflores, o Mosteiro de San Salvador e o Museo de Arte Sacro, para logo dirixirnos en autobús ao Muíño do Pereiro, ao que chegaremos a través dun pequeno recorrido a pé pola beira do río Baos. No Muíño do Pereiro terá lugar unha degustación de faba verdina. Ao rematar subiremos ao mirador da Valiña e dende aí iremos ao Pazo de Tovar, onde haberá unha visita guiada e terá lugar o xantar. E a continuación farase unha visita a algún dos produtores ou plantacións e remataremos na Cooperativa Terras da Mariña, arredor das seis e media da tarde”.
Tania Hermida manifesta que “este tipo de experiencias relativas a produtos e procesos de elaboración, onde ademais se mestura o turismo industrial e agroalimentario xunto co turismo cultural e gastronómico supón non só un escaparate para as empresas ou produtos se non para o territorio que as acolle. Ademais, son experiencias que solen atraer a atención dun viaxeiro que realiza un gasto medio mais elevado que o turista cultural tradicional”.
A mellor época para realizar a Ruta da Faba atópase entre maio e novembro, meses propicios para o cultivo da leguminosa. Este feito fai que esta iniciativa contribúa, ademais de á diversificación da oferta do xeodestino, á posta en valor do patrimonio cultural, natural e gastronómico, e á desestacionalización.
Este Fam-Trip é unha acción que impulsa a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración dos axentes artífices deste produto durante os obradoiros de deseño de rutas experiencias promovidos polo GDR – Terras de Miranda: a Cooperativa Terras da Mariña, o Pazo de Tovar, o restaurante O Forno de Tovar e o Concello de Lourenzá. Ademais da axencia de receptivo Mariñactiva, comercializadora a día de hoxe da Ruta da Faba.
O vindeiro sábado, 2 de novembro, con motivo da ponte de Todos os Santos, Mariña Activa programa unha saída á Ruta da Faba para o público xeral. O horario aproximado da xornada é de 10:30 a 18:00 horas e o prezo de 55€ adultos e 30€ nenos (inclúe comida, entradas, guía, transporte e seguro). Para mais información e reservas hai que contactar no 683 401 865 ou en info@mariñactiva.com.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



