Ribadeo, 31 de outubro de 2019. Este venes 1 de novembro dá comezo o Mes do Aforro de Acisa Ribadeo. Trátase dunha campaña de fidelización con descontos no combustible grazas ao convenio firmado entre a Asociación de Comerciantes e o Grupo Valcarce. Aquelas persoas que realicen compras superiores a 10 euros nos comercios ribadenses socios de Acisa do 1 ao 30 de novembro obterán tarxetas de desconto de 0,09 euros por litro de carburante na estación de servizo de Vilar.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explica que “o obxectivo desta campaña é o fomento da actividade comercial en novembro mediante a fidelización do cliente tanto da vila como dos visitantes que se acheguen a Ribadeo”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, considera que “esta campaña pode dar moi bo resultado, xa que un desconto de 9 céntimos no combustible é algo que todo o mundo agradece, xa que todos temos que encher de combustible os depósitos dos nosos coches”. E subliña que “estamos diante do maior desconto que hai agora mesmo na zona neste sector”.
Iriarte anima á xente “á que faga as súas compras no comercio ribadense e que pida as tarxetas de desconto que atopará nos locais asociados a Acisa durante o presente mes de novembro”.
E Pérez puntualiza que “as tarxetas deben ir debidamente seladas por cada establecemento na parte traseira. Son dun único uso, é dicir que unha vez que entreguemos a tarxeta na estación de servizo esta será anulada para que non poida ser empregada de novo”.
O xerente de Acisa engade que “esta promoción só é válida na estación de servizo do Grupo Valcarce en Ribadeo, que asume integramente o desconto aplicado nesta campaña”.
Apoio a Alcoa
Nos locais asociados a Acisa atópanse desde hoxe as cartas da Federación de Comercio A Mariña en apoio a Alcoa. “Aquelas persoas interesadas en envialas á presidencia do Goberno deben achegarse aos locais asociados a Acisa a pedilas. O único que teñen que facer é poñerlles un selo e entregalas en Correos. Hai 5.000 cartas que desde a FCAM se enviaron a Madrid esta semana e entre todos e todas queremos chegar ás 80.000. Que Alcoa siga coa súa produción na Mariña é moi importante para todos nós”, sinala o presidente de Acisa, Francisco Iriarte.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



