A Mariña, 21 de outubro, 2019. “O compromiso do BNG é moi claro: se temos a confianza dos e das galegas a partir do 10N condicionaremos calquera apoio de investidura a que teñamos un prezo xusto e competitivo da electricidade para salvar as nosas industrias electrointensivas e o emprego en ALCOA, a que teñamos unha tarifa eléctrica galega que permita a sociedade beneficiarse da riqueza deste país”, proclamou Ana Pontón.
A líder nacionalista instou a “transformar o cabreo nun voto que defenda dos intereses dos galegos e das galegas”, ao tempo que se preguntaba “como pode ser que veña o presidente da Xunta e a ministra de Transición Enerxética a ALCOA sen unha soa solución cando hai tantos empregos en risco. A situación de crise desta factoría é responsabilidade directa dun PP e dun PSOE que crearon un marco eléctrico que aboca ao peche unha fábrica estratéxica nesta provincia e no país”.
Precisamos deputados e deputadas que defendan o futuro de ALCOA, a modernización do ferrocarril, coas mans libres para defender o saneamento das rías e os sectores produtivos básicos desta provincia para xerar valor engadido, recalcou Olalla Rodil, cabeza de lista ao Congreso por Lugo nas eleccións do 10N.
Míriam Bermúdez, a concelleira nacionalista en Viveiro criticou: “Un ninguneo político que vemos cada vez que nos repiten que van aprobar un estatuto para as electrointensivas que nunca chega, non pode ser que un país como o noso que produce electricidade a esgalla teñan miles de empregos en xogo polos custes enerxéticos”, e aclarou que non era o único asunto no que Madrid ignora os problemas da provincia. “Tamén se ven nunhas infraestruturas ferroviarias que empeoran, cun FEVE cada día máis desmantelado na comarca da Mariña, un ninguneo nas infraestruturas pero tamén en dereitos sociais e laborais”.
Pontón destacou “un BNG á alza que suma e ofrece seriedade, rigor, traballo e o compromiso de que non imos fallar, porque Galiza ten dereito a un futuro mellor e para iso hai que ter peso político que só vai vir dunha forza propia e coas mans libres como o BNG. E sen maiorías absolutas, os deputados e deputadas nacionalistas van condicionar a política do Estado a favor do país”.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



