Mondoñedo, a 6 de outubro de 2019.- O Concello de Mondoñedo inicia un plan de actividades para a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro para o que a alcaldesa, Elena Candia, vén de nomear Coordinador de Actividades e Publicacións da mesma ao investigador e crítico literario Armando Requeixo.
O plan inicial de traballo deseñado para a Casa-Museo contempla diversas actividades a realizar no período que se estende entre as datas de nacemento (22 de decembro) e pasamento (28 de febreiro) do autor.
Ademais das conferencias baixo o nome ‘Cunqueiro aquí e acolá’, entre as actividades previstas para levar a cabo atópase a publicación de materiais cunqueirianos que axuden a espallar e profundar na obra do autor; o inicio da Colección Selva de Esmelle ou a publicación dunha revista de estudos cunqueirianos.
A primeira das conferencias dunha serie que levará por título ‘Cunqueiro aquí e acolá’ procurará facerse coincidir coa data de nacemento do autor ou nos días inmediatos a esta. De igual modo, a última realizarase o día do seu pasamento ou en datas próximas ao mesmo. As intervencións poderán concretarse ben baixo a fórmula de conferencias individuais ou ben de mesas redondas de varios participantes, dependendo do que aconselle o tema e enfoque particulares de cada intervención. En calquera caso, o nome dos participantes –aínda sen concretar- serán comunicados coa debida antelación.
Tamén coa colaboración do Concello de Mondoñedo e a familia do escritor estase a preparar a edición dalgúns textos cunqueirianos que se darán a coñecer durante os eventos a celebrar coincidentes coas datas de nacemento e pasamento do escritor.
Coa edición dun ensaio do fillo do autor, o tamén escritor César Cunqueiro, quen porá en conexión a obra de Álvaro Cunqueiro e José Lezama Lima, darase inicio á colección Selva de Esmelle na que se publicarán textos arredor de Cunqueiro e o seu mundo. E, a estas publicacións, haberá que engadir tamén a dunha revista de estudos cunqueirianos.
Colaboracións
A Casa-Museo Álvaro Cunqueiro conta coa colaboración da familia do escritor e do Concello de Mondoñedo para o desenvolvemento de todas estas actividades; ademais da doutras institucións responsables da promoción da nosa lingua e da literatura nesta escrita, como a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e de institucións significadas no labor de custodia e promoción do legado de Cunqueiro, como a Fundación Penzol de Vigo.
Así, dende a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro manifestan a súa dispoñibilidade para colaborar con cantas entidades, institucións ou persoas estean interesadas en estudar e divulgar a figura do escritor que lle dá nome, convidando a poñerse en contacto co Concello de Mondoñedo para concretar posibles colaboracións.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



