Quen visite a Casa Museo Cunqueiro en Mondoñedo debe facer parada obrigada ao final do percorrido, no vello faio, cabo da mesa onde se expón a Smith Premier nº 10, a máquina de contar que acompañou ao escritor ao longo da súa vida, unha ferramenta imprescindible que, de falar ou ditar unhas memorias, podería contar os mellores e meirandes segredos do mestre.
O modelo nº 1 da Smith Premier deseñouno Alexander Timoty Brown en 1889 e produciuno a Smith Premier Typerwriter Company, en Syracuse, USA. A este modelo fórono sucedendo outros mellorados pero todos co defecto de que o escribinte non podía ver o que escribía, un problema que se solucionou coas modificacións que fixeron posible que o modelo nº 10 da Smith Premier, que comezou a comercializarse en 1908, se convertese na primeira máquina de escritura visible, ademais de ser máis lixeira, elegante e moderna que as anteriores. A Smith Premier comeza a aparecer en anuncios na prensa española e galega a partir de 1902 e seguirá estando presente en páxinas de revenda ata mediados do século XX. A partir de 1910 distribuíaas en exclusiva desde Barcelona Otto Streitberger.
Se atendemos á publicidade comercial nos xornais españois da época, a Smith Premier foi “La máquina de escribir mejor del mundo”, “Grandioso invento nuevo”, “La reina de las máquinas de escribir”, “Insustituible e indispensable para toda persona culta”. Wenceslao Fernández Florez, porén, tiña unha Smith Premier que non usaba. Prefería escribir coa pluma, pois pensaba que dentro da máquina habitaba un espírito burlón que era o que provocaba ruído ao pulsar o teclado e o causante de que as letras impresas no papel non se correspondesen coas que el desexaba ver.
En 1953 organizouse unha exposición de “maquinas de escribir antediluvianas” en Xixón na que unha Smith Premier Typerwriter nº 1 de 1885 cotizaba como gran antigüidade. Pertencera ao xeneral cubano Maceo, fóralle requisada polo español Weyler e seica a atoparan nunha palleira asturiana.
A Smith Premier nº 10 de Cunqueiro mercouna o seu pai o 1 de agosto de 1916 e, segundo o propio Cunqueiro, “o primeiro que escribiu foi unha carta (do pai) a miña nai”.
En xaneiro de 1959, nunha entrevista de Pedro Rodríguez publicada por El Pueblo Gallego, Cunqueiro fala das súas rutinas diarias e menciona como invento imprescindible para os seus quefaceres a Smith Premier nº 10 que usa a diario. Pouco despois no artigo “Una ventana” publicado en La Voz de Galicia o 22 de marzo de 1959, escribe: “Un petirrojo enamorado canta, a dos varas de mi vieja “Smith Premier número 10″, doble teclado, en una rama florida de ciruelo”. Nunha carta un pouco posterior, dirixida neste caso ao seu amigo Alberto Casal, datada o 30 de abril de 1959, escribe: “Aquí vino ya la primavera. Es algo tan hermoso, tan alegre, tan coloreado que le obliga a uno a andar de pasmarote. Las rosas llegan, por la ventana, hasta la Smith Premier”.
Nunha carta de Cunqueiro a Fernández del Riego, datada en xullo de 1960, di “A miña vella Smith Premier nº 10 vai dada. Terei que ver de mercar urxentemente unha nova máquina. A Smith brinca, non podo apurar, desaliña, etc”.
Todo se deteriora e fatiga, tamén as máquinas de escribir. Mais esta, polos milleiros de folios que produciu, sempre atenta ás ordes da prodixiosa inventiva dun xenio, ben merece o lugar de honra que se lle reservou na Casa Museo Cunqueiro de Mondoñedo.
© Antonio Reigosa -Cronista oficial de Mondoñedo



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.