Viveiro, 25.10.2019. O GALP da Mariña Ortegal comezou a xestionar o pasado verán o proxecto “GOBERMAR, Impulso da Gobernanza do sector pesqueiro na Mariña Ortegal”. GOBERMAR ten como cometido incrementar o número de iniciativas promovidas polo sector pesqueiro na zona, dando a coñecer as axudas do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), especialmente para accións de pesca costeira artesanal, actividades de transformación e comercialización e outras que fomenten o aproveitamento dos recursos mariños e a súa cadea, revitalizando a pesca e o marisqueo.
Durante os meses de xuño a setembro realizáronse 29 xuntanzas informativas con responsables políticos, persoal técnico municipal, confrarías e asociacións para detectar necesidades e oportunidades (sistemas de depuración, envasado, etiquetado, explotación de novas especies….). Participaron 89 persoas de 16 entidades (confrarías, agrupacións sectoriais e asociacións de percebeiros e redeiras).
Actualmente, estase a estudar as necesidades do tecido empresarial, tanto sociedades como autónomos/as para poder identificar potencialidades e novas ideas de proxectos nas vindeiras convocatorias deste Fondo. Así, estase a realizar unha serie de cuestionarios de detección de oportunidades de negocio ás empresas nas que se recollen aspectos relativos á actividade económica principal (CNAE), análise da súa clientela, provedores, relacións coas institucións e no seo do asociacionismo profesional, necesidades formativas, liñas de financiamento de interese para a organización e a identificación de futuros proxectos.
Coa realización dos obradoiros de xeración de proxectos do mar, póñense en contacto ás confrarías e o tecido asociativo coas empresas do sector. Realizaranse un total de 6 encontros, nas localidades de Cariño, Cedeira, Ortigueira, Burela, Viveiro e Ribadeo, grazas a colaboración dos concellos. Terán unha duración aproximada de 2 horas e responden ao seguinte esquema de contidos:
Presentación de GOBERMAR, obxectivos e accións.
Resumo do traballo de campo (asociacionismo e empresas)
Liñas de financiamento abertas e exemplos de proxectos financiados.
Café-debate (traballo en grupos). En función do nivel de participación de cada municipio, efectuarase un modelo de dinámica sectorializada (con mesas distintas nas que se agrupe ás empresas da pesca extractiva, transformadoras e comercializadoras) ou ben a través dunha dinámica xenérica sobre a elaboración de proxectos para a mellora da competitividade e identificación de liñas de negocio, coa participación dos mesmos temas en tódalas mesas.
Ao finalizar a xornada levarase a cabo unha degustación dun pincho mariñeiro elaborado con produtos pesqueiros locais.
Para participar nestes obradoiros é precisa a inscrición previa no e-mail do programa: gobermar.marinaortegal@gmail.com
As datas e lugares dos obradoiros de xeración de proxectos son as seguintes:
Martes 5 de novembro, ás 17:00 horas, na casa do Concello de Cariño.
Mércores 6 de novembro, ás 18:00 horas no Auditorio de Cedeira.
Martes 12 de novembro ás 18:00 horas, no Centro de San Roque de Ortigueira.
Xoves 14 de novembro ás 18:00 horas, no Centro de Formación Ocupacional de Burela.
Martes 19 de novembro, ás 18:00 horas, na casa do Concello de Viveiro.
Mércores 20 de novembro ás 18:00 horas, na Casa da Xuventude de Ribadeo.
O proxecto GOBERMAR finalizará coa celebración dun Foro de Mellora da Gobernanza no mes de decembro, en Viveiro, do que se dará conta en breve. Este foro presentará distintas experiencias innovadoras e empresas da Mariña Ortegal que están a ser un referente no seu sector.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



