Burela, 3 de outubro de 2019. A segunda charla-coloquio do Foro Económico da Mariña celebrarase este xoves, 3 de outubro, na Casa da Cultura de San Cibrao ás 19:30 h. A temática xirará arredor da situación da factoría de Alcoa e, baixo o título de Alcoa na Mariña. Ameaza ou oportunidade, intervirán o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida. Esta mesa de análise será moderada pola xornalista Carmen Cruzado.
O secretario do Foro Económico da Mariña, Adrián Piñón, manifesta que “agora mesmo, ante as ameazas que hai sobre a factoría de Alcoa-San Cibrao, quixemos dende o Foro darlle un altavoz a toda a comarca, a través de diferentes alcaldes, para que poidan expoñer cales son as iniciativas que se están levando a cabo dende as institucións co fin de evitar o peche da factoría que xera máis de mil empregos directos na comarca. Por outra banda, si isto chegara a ocorrer, cousa que ninguén quere, qué propostas se están facendo dende as administracións para mitigar os seus efectos”.
Piñón salienta que “a factoría de Alcoa-San Cibrao representa máis do 33% do Produto Interior Bruto de toda a provincia de Lugo concentrada na nosa comarca, e miles de postos de emprego tanto directos como indirectos. A verdade é que non hai moita alternativa na actualidade para recolocar a toda esa masa de traballadores que actualmente dependen da planta”.
O secretario do Foro Económico da Mariña explica que “dende o Foro quixemos darlle a maior transversalidade posible ao debate, e contar con alcaldes da zona de todos os partidos políticos que teñen representación na nosa comarca. Para elo contaremos co alcalde de Cervo, onde se sitúa a factoría, Alfonso Villares do Partido Popular; coa alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, do Bloque Nacionalista Galego; e co alcalde de Burela, Alfredo Llano, do PSOE; para que expresen as diferentes opinións, os diferentes programas e as diferentes iniciativas que teñen os principais partidos políticos na comarca e en Galicia”.
Adrián Piñón lembra que “a entrada é libre, pode vir todo o mundo que queira e que estea interesado no tema. Creo que é unha cuestión que nos afecta a todos os veciños e veciñas da comarca, e incluso da provincia. Quen queira preguntar, quen queira escoitar e quen queira debater ten as portas abertas sempre do Foro Económico da Mariña”.



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.