A Mariña, 2 de outubro, 2019. Os alcaldes do PP de A Mariña asistiron esta mañá a unha reunión co comité de empresa de Alcoa-San Cibrao. No encontro púxose de manifesto a total sintonía entre os representantes dos traballadores e os rexedores populares en canto ás medidas a adoptar e os obxectivos a conseguir para garantir o futuro de Alcoa. Os alcaldes tamén se mostraron en total acordo e apoiarán en todo o necesario as mobilizacións programadas. Na reunión, por parte do Partido Popular, estiveron os rexedores de Mondoñedo, Elena Candia; Xove, José Demetrio Salgueiro; Cervo, Alfonso Villares, e Vicedo, José Jesús Novo.
O obxectivo principal dos representantes dos traballadores e dos alcaldes do PP en A Mariña é que, de maneira urxente, se fixe un prezo asumible da enerxía eléctrica para as empresas que son grandes consumidoras, como é o caso de Alcoa-San Cibrao. É unha decisión política que corresponde en exclusiva ao Goberno central. Igualmente, dentro deste mesmo obxectivo, figura que o Estado pague as axudas correspondentes para compensación dos custes indirectos por CO2, como medida de apoio ás empresas.
O comité de empresa apoia a decisión dos alcaldes do PP de presentar mocións centradas unicamente en instar ao Goberno central na cuestión enerxética, é dicir, no prezo da enerxía para as empresas que son grandes consumidoras de electricidade.
Por outro lado, os alcaldes do PP de A Mariña comprometéronse a presionar para lograr que a ministra visite Alcoa-San Cibrao, co fin de que comprobe as posibilidades desta planta, así como a gran incidencia que ten nos planos laboral e social na comarca e no conxunto da provincia de Lugo. De momento, o ministerio non deu data algunha para a visita da ministra.


















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



