Foz, 21 de outubro, 2019. Portos de Galicia fai públicos os presupostos para o ano que ven na Mariña: 1.363.018€ se repartirán entre os concellos de Viveiro, Burela, Ribadeo e Xove. Dende a Ribeira de Foz, queremos felicitar a estes concellos e a Portos de Galicia por mirar pola Mariña Lucense. Este concellos teñen moita necesidade de que se mire polos seus peiraos, e de que comecen por fin a solucionar problemas e demandas, que teñen dende fai moito tempo. Polo tanto, congratulámonos de que por fin se lles de atención, como a que se se nos deu a Foz o ano pasado dragando e arranxando despois de 40 anos o peirao do Muelle.
Por outra parte, os socios de A Ribeira de Foz estamos moi preocupados, xa que comprobamos que non se destinou nada neses presupostos para comenzar a solucionar os graves problemas que temos no peirao de Porto Chico.
Comprobamos, tras ver os presupostos, que como mínimo outro ano máis, as 70 embarcacións deportivas que atracan neste peirao van seguir quedando varadas en seco nas mareas baixas, e o peor é que van a seguir sufrindo os temporais deste inverno pola falta de abrigo que o deseño actual do peirao ofrece, o que fará perigar as embarcacións. Un ano máis, este inverno teremos que retirar e subir as embarcacións a terra para evitar a posible perda das mesmas, e os barcos profesionais van seguir sen poder usar este peirao que tanto necesitan pola mesma falta de abrigo e calado.
Tamén nos preocupa moito o feito de que outro ano máis, as embarcacións de salvamento de Protección Civil e socorristas que operan no Concello de Foz e no Concello de Barreiros non poidan traballar con normalidade, e que poidan repetirse feitos tan graves coma os de este pasado verán, onde unha das embarcacións de salvamento non puido axudar ao rescate dunha persoa que estaba afogar nunha das praias de Barreiros, por non poder saír do seu atraque o estar varada a zodiack na baixamar.
Preocúpanos moito que outro ano máis non se lle vaia dar cobertura a alargada lista de espera existente para poder ter un atraque deportivo en Foz.
Sabemos que recentemente se fixeron cambios importantes no organigrama de Portos de Galicia, coa incorporación de o Sr.Roi Fernández Añón como director, e da Sra. Susana Lenguas como presidenta, coa que queremos manter unha reunión dende fai tempo e que solicitamos para poder explicarlle en primeira persoa a necesidade imperiosa que temos en Foz os socios de A ribeira, Club Náutico e a Cofradia de Pescadores en dar unha solución a o peirao de Porto Chico.
Recalcamos para concluír os nosos parabéns os concellos que se lles presupostan solucións para este ano, e a nosas felicitacións a Portos de que se comece a mirar de forma sería pola Mariña Lucense.























A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



