Compostela, 4 de outubro, 2019. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo OPP7 presentou esta mañá no Parador de Santiago de Compostela a súa nova campaña de promoción da “Pescada do Pincho de Burela”.
No acto, que tivo lugar na Sacristía Alta do Hostal dos Reis Católicos, participaron Sergio López, xerente de OPP Lugo, Julio Cirujano, director técnico de Gastronomía de Paradores, e Mercedes Rodríguez, Directora Xeral de Pesca da Xunta de Galicia.
Esta nova iniciativa da OPP Lugo combina a gastronomía, a calidade do seu produto pesqueiro e a importancia da Orixe e o Destino Galicia, nunha campaña que se realiza en colaboración coa rede de Paradores de España e ten unha vinculación moi especial coas diferentes rutas do Camiño de Santiago.
A campaña de promoción, para a que OPP Lugo aporta case 500 quilos de pescada do pincho de Burela, irase desenvolvendo durante unhas dez semanas nos restaurantes de dez Paradores da red nacional, que ofrecerán diferentes receitas especiais elaboradas polos seus chefs.
Esta promoción denomínase “Orixe e Destino Galicia” porque o peixe sae de Burela e volve a Galicia seguindo o Camiño de Santiago a través dos restaurantes de Paradores ubicados en diferentes rutas xacobeas: a Vía da Prata, o Camiño de Levante, o Camiño Complutense, o Camiño de Madrid, o Camiño Norte e o Camiño Francés.
Os Paradores participantes pertencen a oito comunidades autónomas diferentes: Parador de Carmona (Sevilla); Parador El Saler (Valencia); Parador de Alcalá de Henares (Madrid); Parador de Santo Domingo de la Calzada (La Rioja); Parador de La Granja (Segovia); Parador de Toledo (Toledo); Parador de Plasencia (Cáceres); Parador de Benvente (Zamora); Parador de Ribadeo (Lugo) e Parador de Santiago (A Coruña).
O xerente de OPP Lugo, Sergio López, señalou a importancia da pescada do pincho para as frotas da OP, que convirten a Burela na “Capital da Pescada do Pincho”, xa que toda a súa pesca se realiza con anzol e é a principal lonxa desta pesquería con 7.600 toneladas anuais. Tamén destacou a pescada do pincho como un produto pesqueiro de primeira calidade, o que a convirte nunha auténtica xoia da gastronomía e que ademais é un alimento ideal para dietas equilibradas e un estilo de vida saudable.
O Director Técnico de Gastronomía de Paradores, Julio Cirujano, explicou a importancia dos produtos gastronómicos na rede de Paradores, que, con 91 anos de historia, recibe a metade da súa facturación a través dos restaurantes dos seus hoteis. Paradores aposta por unha cociña de cercanía, tradicional e de primeira calidade, tres requisitos que cumpre a pescada do pincho de Burela.
Pola súa parte, a Directora Xeral de Pesca da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez, celebrou este tipo de iniciativas de promoción pesqueira que a Xunta de Galicia financia a través das axudas FEMP, que ademais neste caso se vincula a diferentes rutas do Camiño de Santiago.
Ao finalizar a presentación ofreceuse unha degustación de Pescada do Pincho de Burela en diferentes especialidades, como Pescada en caldeirada clásica; Pescada en tempura con tomates especiados e cilantro; Pescada sobre crema de fabas de Lourenzá; ou Pescada asada con cabaza e codium.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



