Viveiro, 22 de novembro, 2019. Aprobada a moción presentada polo BNG no pleno municipal de novembro relativa ao combate contra a violencia machista, co apoio dos Populares e Por Viveiro. A portavoz municipal do BNG, Miriam Bermúdez, durante a defensa desta moción dixo que había un avance na conciencia social sobre a violencia machista, mais remarcou que ficaba moito por facer e que, máis alá dos minutos de silencio e declaracións institucionais, a clave estaba en aumentar os recursos dispoñíbeis e en visibilizar todo tipo de violencias machistas, tal como é a violencia sexual sobre a cal ten alertado a mesma Fiscalía Xeral do Estado do seu aumento, principalmente entre as persoas máis novas, o que precisa de forma urxente unha resposta por parte das administracións públicas, apuntou Bermúdez.
Nesta moción á que se sumaron os grupos da oposición, a excepción de Son Viveiro que considera ao igual que o PSOE de Viveiro que este debate non se ten que dar na política, recolle varias propostas nas que, por un lado:
Demandar á Xunta de Galiza que destine no orzamento 2020 como mínimo o 1% do orzamento total da administración galega, para poder implementar e poñer en marcha medidas no ámbito xudicial, educativo e social que axuden a combater a violencia machista.
Así como tamén demandar o cumprimento do acordado na Deputación de Lugo hai seis meses, para axilizar a posta en marcha dun terceiro xulgado para Viveiro
E demandar ao Goberno Central a incorporación de diversas medidas, dentro do marco legal, para avanzar no recoñecemento da violencia sexual como violencia machista.
@s nacionalistas lamentan a negativa do PSOE de Viveiro a sumarse na reclamación á Xunta de máis recursos económicos para a loita contra a violencia de xénero, como tamén de que non se sumasen á demanda ao Goberno do Estado que, entre outras medidas, pedía a introdución no marco legal do concepto de consentimento para mellorar a tipificación e o tratamento de violación e das agresións sexuais. Unha decisión difícil de entender por parte do BNG, sobre todo cando os seus propios compañeir@s de partido sí se sumaron noutros concellos.
Desde o BNG afirman que poden aceptar, aínda que non compartir, que a Concelleira de Muller de Viveiro, Lara Fernández, considere que a violencia sexual non deba ser incluída dentro da violencia machista, pero o que non poden compartir nin van aceptar é que esta concelleira do PSOE e os demais membros do Goberno Socialista, empreguen por norma os insultos e descalificacións persoais cada vez que se quedan sen argumentos políticos, como así sucedeu no pasado pleno, onde Bermúdez foi a principal diana das descalificacións lanzadas pola señora Lara durante a súa intervención en resposta a esta moción do BNG presentada pola concelleira nacionalista, en tempo e forma e ao amparo da lei. Todo nun intento sorprendente e escandaloso do PSOE de privar á portavoz municipal do BNG de exercer o seu dereito de debater e votar esta proposta levada ao pleno do pasado 12N, co fin último de “apartar ao BNG do protagonismo no debate sobre a violencia machista” tal e como asegurou a propia concelleira de igualdade durante o seu incongruente e bochornoso discurso. Demostrou, ademais da total falta de respecto pola oposición e pola propia institución local, o seu absoluto descoñecemento ao respecto das competencias e funcións tanto dos órganos plenarios como das Mesas Locais de Coordinación Contra a Violencia de Xénero ao intentar trasladar e descargar nesta última o debate político e ao confundir os actos programados na Mesa con motivo do 25N coa toma de decisións e implementación de medidas políticas e a labor e responsabilidade tanto dos gobernos, como dos grupos políticos con representación nas institucións públicas.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



