Ribadeo, 26 de novembro de 2019. Corenta establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday que o colectivo empresarial celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro.
Desde a presidencia de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “como ben sendo habitual Acisa celebra o Black Friday, con grandes descontos. Nos 40 establecementos poderemos atopar multitude de ofertas, descontos que van dende o 5, 10, 15, 20, 30, 50 e hasta o 70 %. Ofertas de 3×2 en artigos seleccionados, vales regalo para gastar no Nadal; produtos regalo, etc…”.
Iriarte contou que “este ano contamos cun maior numero de participantes de todos os sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, roupa deportiva, calzado, mercerías e lencería, tallas grandes, xoiaría, bebés, papelaría, librarías, xogueterías, complementos ou agasallos”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “dende Acisa buscamos formas diferentes de celebrar o Black Friday e os nosos asociados axúdannos a conseguilo, premiando as compras con vales regalo para gastar no Nadal; creando así incentivos para mercar durante as vindeiras semanas, as de maior consumo de todo o ano. Ademais tamén desde a asociación sacámoslle proveito aos domingos, xa que en moitos sitios o domingo xa non se celebra o Blak Friday por que non se abre, pero en Ribadeo si, algo co que marcamos a diferenza.”
Pérez engadiu que “estes descontos e promocións, estamos seguros que chamarán a atención dos clientes e farán que desfruten do Black Friday no comercio da nosa vila, sen ter que recorrer áss plataformas de venta on-line. Como sempre facemos, tamén co Blcak Friday, queremos recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, para que a nosa vila siga manténdose viva.”
Os 40 establecementos que dan cita no Black Friday en Ribadeo son: Fauna, R23, Bora Bora, Deportes Docobo, Sendín, Ginzo Hombre-Mujer, Hola Ola Surf, Hola Ola Street, Opticalia, Beep Ribadeo, Bis a Bis, Siñeiro Hogar, Óptica Carreira, Xeito, Bimba 13, Nina, La Moda Hombre, Phone House, Lencería Manuela Torviso, Saia, La Moda Sport, Trece Eventos, Sanjurjo, Esprit, Terra Branca, Castillo Pesca, Mika, Platería Gutié, Glass, Pequerrechos, Naná, Farfala, Anaís, La Moda Mujer, La Moda Básico, Mercería Vizcaya, Adele, El Mundo del Pintor, Boutique Valentina y Del Río.
Remata o Mes do Tapeo
Este xoves e o venres remata en Ribadeo o Mes do Tapeo, que organizou Acisa e no que participan arredor de 20 establecementos hostaleiros. Os locais ofrecen as súas orixinais preparacións os xoves e os venres polas noites ata finais deste mes.
No Mes do Tapeo de Acisa os xoves haberá oferta gastronómica en 14 establecementos: O Lar de Manolo, O Alén, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, Bar Cienfuegos, El Rincón del Gordo, La Solana, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Bar Galicia, La Botellaría, Costa Verde e Cayo Coco.
E os venres as tapas poderán degustarse en 18 locais: O Lar de Manolo, O Alén, Mareta, Chámalle Estopa, Texturas Galegas, La Botellería, El Rincón del Gordo, La Solana, Madison, Queimada, Delicates, O Indiano, Asador La Quinta, A Dorada, Náutico, Cayo Coco, Costa Verde e Malo Será.
Desde Acisa animan “a aproveitar estas dúas noites de tapeo que nos quedan dentro desta novidosa campaña que puxemos en marcha hai unhas semanas. Sempre hai un momento para compartir uns viños ou unhas cañas cos amigos acompañadas dunhas saborosas tapas. Co engadido nesta ocasión da celebración do Black Friday o venre, día 29. Unha boa combinación: mercar e despois tapear en Ribadeo”.




























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



