Ribadeo, 20 de novembro, 2019. Finalmente a actividade da fin de semana para o BeOne Ribadeo estivo centrada nos adestramentos do sábado do equipo Senior e Sub18 para preparar o seu desprazamento a Grao e da Selección Galega Sub16 do Domingo, pois a primeira xornada de Xogos Deportivos do Principado, onde facían o seu debut en competición os Sub14 e onde participaban máis de 50 xogadores do resto de categorías, tívose que pospoñer por mor das condicións climatolóxicas.
O formato destas xornadas, na que se xogan ata catro partidos en cada categoría en horario de 10.00 a 14.00 horas con formato de liguiña e que fai que entre partido e partido existan tempos mortos e a falta de bancadas nos 7 campos de xogo nos que, de maneira simultánea, xógase cada unha delas fixo que a Federación de Rugby do Principado optase por aprazar a xornada á data de reserva que se contempla no calendario para este tipo de circunstancias. Desta maneira tamén os 14 xogadores de Rugby Inclusivo da Fundación Edes viron aprazado o seu debut nos Xogos do Principado, algo que desde o Club suplirán cunha xornada de adestramento nas súas instalacións para cumprir co obxectivo marcado de realizar actividade todos os meses do curso.
O grupo Inicial de cinco xogadores que participaron no anterior adestramento da selección Galega Sub16 viuse reducido a dúas, o grupo ha de ir axustándose aos 23 xogadores que o día 21 de Decembro desprazásense a Asturias a disputar a primeira eliminatoria do grupo B fronte á selección do Principado, aínda antes desa data realizarase unha nova concentración na que se traballará de maneira específica co grupo definitivo.
Alberto Pérez e Álvaro Fdez. foron os xogadores convocados nesta ocasión e confíase en que os dous pasen a criba e poidan dispoñer de minutos fronte ao combinado asturiano, a lista non está pechada e ao tratarse de eliminatorias, a inclusión de máis xogadores dependerá da evolución destes nos encontros para disputar na segunda volta do grupo Norte e as posteriores cruces co grupo Sur.





















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
