Ribadeo, 14 de novembro de 2019. O Grupo Municipal Popular de Ribadeo acusa ao goberno de Fernando Suárez de “falta de planificación” para dotar dun aparcamento público á vila. Os populares sinalan que “é moi necesario”.
A vicevoceira, Elena Sierra, lamenta que “despois de 16 anos de goberno do BNG o problema de aparcamento en Ribadeo siga sen solucionarse”. A concelleira explica que, neste tempo, “o señor Suárez so buscou terreos inservibles” porque “están sen adecentar” e o seu estado é “lamentable”. Sierra engade que “agora no inverno atópanse cheos de lama” e, polo tanto, resultan incómodos e pouco prácticos para os usuarios. Igualmente, critica a popular que “os vehículos que usan o aparcamento no verán tamén están sempre sucios”.
Dende o Grupo Municipal do PP critican “a improvisación e a falta de planificación do goberno local de cara á dotación dun espazo de aparcamento ben acondicionado”, igual que “noutros outros moitos asuntos de interese municipal”.
Fronte a esta “desidia e inacción para dar solución a unha petición dos ribadenses, e tamén dos visitantes que levan unha mala imaxe da nosa vila”, dende o Grupo Popular ribadense recordan que “no noso programa electoral recollíamos un proxecto para dar resposta a estas necesidades actuais”. A este respecto, a concelleira popular Elena Sierra explicou tamén que “se Ribadeo conta cun aparcamento municipal é grazas á xestión dun goberno local do Partido Popular” á que “dende o BNG non souberon dar continuidade”.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



