Mondoñedo, 7 de novembro, 2019. A Asociación de pais e nais do Ies San Rosendo de Mondoñedo está a facer estes días unhas xornadas de igualdade e prevención da violoencia de xénero, apoiadas pola Secretaría xeral de Igualdade e impartidas por Retnova (que xa o curso pasado realizaran o proxecto CATUXA, tamèn de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre homes e mulleres).
Son 11 talleres de 100 minutos cada un nos que se traballará con todos os alumnos e alumnas do centro, desde 1 eso ata 2 bac , traballando dunha maneira dinàmica con exemplos prácticos e material descriptivo , conceptos básicos sobre as desigualdades persistentes na nosa sociedade e no campo educativo, dos estereotipos e roles de xénero, das conductas machistas, da conciliación e de moitas outras pautas para avanzar cara a unha sociedade máis igual e a loita contra a violencia de xénero.
Dende a Anpa pensamos que fai moita falta traballar estes temas xa que hai que mudar moitas conductas tanto no ámbito familiar, de ocio, nas aulas e nas relacións entre adolescentes e facelo desde curta idade xa, por eso o interés de que chegue a todo o alumnado do instituto.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



