Mondoeñedo, 13 de decembro. O Concello anuncia a ampliación de prazo de inscrición ata o mércores día 18 para todas as persoas que desexen participar no I Concurso de Karaoke Ti vales moito organizado dende a Concellería de Xuventude. A inscrición pode facerse a través do teléfono 982524003 ou ben por correo electrónico concellomondonedo@gmail.com
BASES
1. O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Xuventude, convoca o I Concurso de Karaoke “Ti vales moito”.
2. O concurso terá lugar o domingo, 22 de decembro de 2019 ás 20.00 horas da tarde no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo.
3. Participarán un máximo de 25 concursantes. Os/as 25 primeiros/as inscritos/as.
4. As inscricións poderán facerse por teléfono, chamando ao 982524003, ou ben por correo electrónico; concellomondonedo@gmail.com
5. O prazo para inscribierse será dende o 18 de novembro ata o 16 de decembro de 2019.
6. Todos/as os/as participantes traerán a súa propia canción en pen-drive. Non se aceptan móviles, consolas portátiles, tabletas, Smartphone ou calqueira outro dispositivo con función de almacenamento ou similares. Non se permite o uso da internete.
7. Os temas poden ser cantados en calquera idioma.
8. Poderanse cantar cancións de Anime, J-Music, K-Music, Series, Películas…
9. Os/as concursantes terán un tempo límite de 4 minutos para interpretar o tema da súa elección. A organización reservase o dereito de cortar a actuación se o tema elexido excede do tempo permitido.
10. Os/as participantes deberán presentar os arquivos de audio á entrada do Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo o mesmo día do concruso a partir das 17.00 horas da tarde.
11. Non se permitirán comportamentos que podan resultar ofensivos no escenario. Se así fose, o/a consursante quedará automáticamente descalificado/a e pediraselle que abandone o escenario.
12. A participación do concurso implica a cesión de imaxe.
13. A participación implica a aceptación das bases e a decisión do xurado.
14. A organización elixirá un xurado que considere obxetivo e cunha opinión relevante.
15. O xurado elixirá aos/ás gañadores/as en función dos seguintes criterios: pronunciación, ritmo, afinación, dificultade do tema elexido, posta en escea, coñecemento da canción de memoria, letra e interpretación.
16. Os premios serán outorgados pola organización do evento. Estos consistirán en:
Categoría infantil: ata 13 anos de idade
1º premio: vale de 50€
2º premio: vale de 30€
3º premio: vale de 20€
Categoría adulto:
1º premio: Vale de 100€
2º premio: Vale de 50€
3º premio: Vale de 25€
17. A organización e o xurado reservase o dereito de adoptar calqueira iniciativa que sen estar regulada nas presentes bases, contribua ao maior éxito do concurso sen que poda formularse reclamación algunha.























Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



