Cervo, 19 de decembro de 2019. O Concello de Cervo programou para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas a todo tipo de público; que foi presentada este mediodía polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, polo edil de Turismo, David Rodríguez, e polos representantes das diferentes asociacións que promoven e colaboran coa organización de varias das citas previstas -Airiños do Xunco, Fervenza de Sargadelos, Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, Escola de Artes Marciais de Cervo, Amigos da Troula, Mariña Patrimonio, asociación de Mulleres Rurais As Espalladores e a asociación de veciños de San Román
Mañá venres, 20 de decembro, recibiremos pola mañá a visita anticipada de Papá Noel que se achegará aos colexios e á Escola Infantil da man da delegación de Cultura, e pola tarde o apalpador estará no Pavillón de San Román, a partir das 17:00 horas con merenda incluída a base de chocolate con churros. Este evento está organizado pola asociación de Mulleres Rurais As Espalladores e a asociación de veciños de San Román.
Tamén mañá venres comezará o ciclo de conferencias “Escoitando o Mar”, organizado por Mariña Patrimonio, e que terá lugar os días 20, 26 e 27 de decembro, a partir das 18:30 horas, no Museo do Mar.
O deporte tamén será protagonista este Nadal da man do XII Campionato de Nadal de Nihon TaiJitsu. A cita será o sábado 21 de decembro ás 17:00 horas no Pavillón do CEIP de Cervo.
O domingo, 22 de decembro, inaugurarase a exposición “Basuraleza”, ás 13:00 horas, na sala de exposicións da Casa Cultura. Unha mostra obra de Emilio Pascual, conformada por 15 pezas elaboradas con restos que o autor atopou e recolleu en contornas naturais, reconverténdoos en obras pictóricas, para concienciar sobre a importancia de Reducir, Reutilizar e Reciclar, e sobre todo de ser máis respectuosos co medio.
Xa pola tardiña a partir das 16:30 horas, a asociación de veciños do Burgo de Trasbar convidou a Papá Noel ao seu local social; ademais para o 31 de decembro tamén animan a brindar polo novo ano, a partir das 19:00 horas.
A partir das 18:00 horas dese 22 de decembro o auditorio da Casa da Cultura acollerá a tradicional e agardada Gala de Nadal, protagonizada polos diferentes grupos de música, canto e baile do municipio.
O martes 24 de decembro a Asociación Fervenza de Sargadelos coa colaboración do Concello, organiza un ano máis a Noiteboa Infantil. Será a partir das 16:30 horas nas Escolas Vellas de Cervo. Durante toda a tarde haberá actividades pensadas para os máis pequenos, e non faltará a merenda e a visita de Papá Noel.
O venres, 27 de decembro, terá lugar o Callo Fest, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Cibrao, que organiza a asociación Amigos da Troula, coa colaboración do Concello. O festival comezará ás 20:30 horas. Nesta terceira edición o cartel está conformado por Blow, Jony Ramos & Sunday Morning Club, Stoned at Pompeii, e Green Hot Peppers. Haberá moitas sorpresas que irán desvelando desde a organización, ademais do ensaio das badaladas con brinde á medianoite, disco móbil e callos de balde ao remate da Festa.
Os Reis Magos, como non podería ser doutro xeito, teñen tamén moito protagonismo nesta programación. O sábado, 5 de xaneiro, sairán en percorrido por San Cibrao ás 18:00 horas desde o Pavillón da Veiga ata o auditorio, e por Cervo, ás 19:00 horas desde as Escolas Vellas ata o salón de actos do Concello. Este evento está organizado pola asociación Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello. Tamén está prevista a actuación, a continuación, do grupo de teatro O Bordelo.
Ademais o sábado, 28 de decembro, ás 18:00 horas, a carpa instalada na praza dos Campos acollerá o espectáculo infantil “Rey León”. O domingo 29 o auditorio será o escenario dun concerto ofrecido polo quinteto de clarinete “Albán Ensemble” ás 19:00 horas, e o sábado, 4 de xaneiro, o coro Tempus Fugit actuará no auditorio a partir das 20:00 horas.
Non faltará a tradicional festa acuática gratuíta na piscina municipal con inchables e xogos para as crianzas. Será o 3 de xaneiro, a partir das 17:00 horas.
Tamén nestas datas se proxectará a película “Paddington 2” o luns 30 de decembro, ás 19:00 horas.
Desde o Concello de Cervo convidan a toda a veciñanza e visitantes a participar nas actividades programadas e a gozar destas Festas no municipio.























Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



