Viveiro, 12 de decembro, 2019. Criterios para regular a participación cidadá na Cabalgata de Reis 2020
1. Obxecto
A Concellería de cultura do Concello de Viveiro convoca aos veciños e ás veciñas co obxectivo de regular a
súa participación como ¨figurantes¨na Cabalgata de Reis 2020, o DOMINGO 5 DE XANEIRO.
Os criterios de participación regúlanse segundo o que dipoñen os seguintes puntos.:
2. Figurantes que irán sentados nas carrozas.
Pódense inscribir todos os nenos e nenas que, na data 1 de xaneiro de 2020 teñan unha idade comprendida
entre os 6 e os 12 anos.
O total de prazas para ir nas carroza é de 40 nenos e nenas
3. Inscrición.
O periodo de inscrición será os días e 26, 27 e 30 de decembro de 9h a 14h.
A folla de inscrición facilitarase no TEATRO PASTOR DÍAZ.
As solicitudes formalizaranse cubrindo dito documento.
Os datos que se deben facilitar son os seguintes:
– Nome e apelidos e data de nacemento.
– Nome e apelidos da nai, pai ou representante legal do/a menor, e autorización da participación do/a menor na
cabalgata.
– Teléfonos de contacto.
– Correo electrónico.
– Autorización de uso da imaxe.
A folla cuberta entregarase no teatro Pastor Díaz no horario anteriormente dito.
– A recollida realizarase por orde de recepción das solicitudes debidamente cubertas e asignarásenlle
correlativamente a cada unha delas o seu número de solicitude correspondente.
– A asignación das 40 prazas farase por estricta orde de recepción das solicitudes.
– Unha vez finalizada a adxudicación, comunicaráselles ás persoas interesadas as a súa situación na cabagata, así
como a información necesaria para que participen nela. Lugar e horario de presentación e horario e forma de
recollida ó finalizar.
– Unha vez cubertas as prazas disponibles, crearase unha listaxe de agarda para cubrir as baixas ou novas
necesidades.
Se unha persoa das admitidas, por razóns persoais , non puidera participar na Cabalgata, deberá comunicar ao
concello con anterioridade ao día 4 de xaneiro a súa baixa para ser substituída pola persoa que por rigorosa orde
de inscrición conforme a primeira praza da reserva, e así sucesivamente, por orde correlativa.
4. Participantes.
Os participantes comprométense a presentarse o 5 de xaneiro no lugar e hora marcados como punto de
encotro, vestidos unicamente con leggins negros, calzado oscuro e camiseta térmica ou xersei de manga larga
tamén negro.
O vestiario será facilitado polo concello de maneira de préstamo gratuito.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



