Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019. A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiulle hoxe á Xunta que “medien para garantir os postos de traballo” de Muebles Hermida e garantan un plan de viabilidade que permita manter a actividade da empresa. A responsable socialista presentou unha pregunta oral diante do Pleno do Parlamento na que lle esixiu ao goberno galego que “non sexan meros espectadores”.
A parlamentaria luguesa instou ao conselleiro de Industria que “non se sente a agardar a que o problema se solucione”, e lembrou que a que foi un dos 10 principais fabricantes de mobiliario a nivel nacional hoxe segue a ser a principal empresa do Concello de Lourenzá e que da traballo a 100 familias da Mariña que levan xa 4 meses sen cobrar.
Otero instou á Xunta a intervir para garantir o dito plan de viabilidade “poñendo por diante como condición irrenunciable o pago dos salarios atrasados”. Apuntou que “o goberno galego algo terá que dicir e facer” nesta situación logo de terlle concedido “cuantiosas axudas públicas á empresa” e reclamoulle ao conselleiro que “vele por que os millóns de axudas do Igape non sexan en balde”.
A responsable socialista levou ao Parlamento de Galicia a preocupación dos traballadores e traballadoras da empresa e do propio Concello de Lourenzá, que o pasado 2 de decembro acordou por unanimidade amosar todo o seu apoio aos afectados e recabar a implicación das distintas administracións autonómica e provincial.
Reclamoulle ao goberno galego que “fagan seguimento das axudas públicas que reciben empresas como Muebles Hermida para que non caian en saco roto e garantan a viabilidade, o mantemento da actividade e os postos de traballo na comarca da Mariña”.






















A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



