Sargadelos,5 de Decembro de 2019. Este xoves a Galería de Sargadelos en Santiago foi o escenario elixido polo GRUPO SARGADELOS para presentar a franquiados, distribuidores e medios de comunicación as novas creacións que a firma xa puxo á venda a través da súa canle de distribución e a tenda en liña.
SARGADELOS sempre se preocupou por dar a coñecer ao mundo a idiosincrasia da nosa terra, unha vez máis, co ánimo de dar a coñecer os nosos costumes, pretendemos reivindicar e darlle visibilidade a dúas dos oficios tradicionais galegos, o dos “ zoqueiros” e o das “ palilleiras”, por ese motivo hoxe presentamos, froito da nosa creatividade e vangarda unha “ Zoca” de última xeración equipada cos últimos avances en confort e seguridade, capaz de facer máis levadío calquera camiño que un se propoña. Con esta peza, queremos facer unha chiscadela a este tipo de calzado que tallado en madeira era utilizado ata tempos recentes polas xentes máis humildes e que hoxe, mostramos tallado en porcelana. A comarca de “Terra Chá” en Lugo, foi terra de zoqueiros por excelencia, previsiblemente por tratarse de terreos chairos con abundancia de “ bidueiros”, árbore do que se obtén a materia prima para a súa elaboración. Precisamente de Vilalba, corazón dá Terra Chá é Norberto Piñeiro, “ zoqueiro” de 93 anos que durante a presentación fixo gala do ben que coñece o oficio.
O outro oficio tradicional que quixemos poñer en valor é o das “ palilleiras”, para iso, froito da colaboración coa Asociación de Palilleiras “Puntillas de Camariñas” presentamos un exclusivo mantel elaborado en algodón e liño de primeira calidade inspirado nun dos decorados emblemáticos das nosas vaixelas, o Toxo. Este mantel reforza os valores de marca dando continuidade ás súas liñas de deseño exclusivo, aplicados agora a tecidos de altísima calidade cuxo broche de ouro é o encaixe de Camariñas que as artesás, presentes no acto, tardan en confeccionar 5 semanas, 30 días, 240 horas ó 14.400 minutos
Ademais da “ Zoca” e o “Mantel Toxo de Camariñas” estivo presente o perfume “ Brétema” que foi presentado en sociedade o pasado 7 de Novembro e que a xulgar pola súa curta traxectoria presúmese vai ser o top vendas da Firma para esta campaña Do Nadal.
Tamén se presentaron outros artigos de cerámica como un conxunto de seis Adornos de Nadal que evocan natureza xa que represan froitos propios das árbores centenarias que compoñen a paisaxe única de Galicia.
Froito dunha colaboración coa coñecida marca WE ARE KNITTERS, que comercializa en Europa e EEUU kits para tecer, viu a luz un simpático cunco porta nobelos en forma de ovella que simula que, a propia ovella cédenos a la ordenadamente.
Por último, no apartado de porcelana, presentáronse dúas pezas que completan a Colección de Máscaras, recreación dos nosos icónicos elementos defensivos. Trátase de Larchán – contra os que queren fartarnos – e Larpán – contra os que queren molestarnos coa lingua-.
No apartado de Complementos, a sección máis nova da firma, as novidades son as seguintes:
Portadocumentos de pel unisex confeccionado en pel de vacún gravada cun singular e elegante deseño xeométrico.
Bandoleira e Shopper Monférico, dúas creacións en pel de vacún e serraje de primeira calidade bordado por mans expertas cun dos decorados máis representativos da marca, o Monférico, inspirado na fachada barroca do mosteiro de Monfero.
Carteira Voluta meticulosamente confeccionada en pel de vacún con diferentes pezas de cores cosidas en superposición. Esta carteira complementa o icónico bolso Voluta, ata o momento referente da marca.
Incorporamos á nosa colección de llaveros unha peza de porcelana tallada a man cun dos símbolos máis representativos da marca, o Trisquel.
As novidades en xoiería que viron a luz este medio día foron
Colección Rosalía formada por colgante, pendentes e anel con dous modelos distintos de placas de porcelana inspiradas no Romanticismo propio da nosa poetísa máis universal, Rosalía de castro.
Colección Azulexo coa mesma composición que o anterior pero cuxas placas de porcelana desenvolven o verdadeiro espírito das placas tradicionais de Sargadelos cunha forte inspiración na cultura dos azulexos cerámicos portugueses.
Colección Breo formada por dúas pulseiras, Breogán e Brigo, inspiradas na forza e o misterio dos primeiros habitantes de Galicia.
No acto de presentación destas novidades tamén estiveron presentes dúas operarias da planta de produción de Cervo da sección de xoiería que tallaron e pintaron placas tradicionais para o goce dos asistentes.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



