Burela, 4 de xaneiro, 2020. O Pescados Rubén Burela FS cumpriu co segundo paso en Copa da Raíña impoñéndose en oitavos ao Viaxes Amarelle FSF, de Segunda, con portería laranxa a cero (0-6).
O luminoso púxose axiña do lado mariñán cun tanto en propia porta das coruñesas xa no minuto 2. As laranxas non conseguiron aliarse co acerto goleador ata a segunda parte; ao tanto temperán de Ale de Paz tras o descanso ampliaron ata o 0-5 en tan só dous minutos Cristina, por partida dobre, e Bea Mateos. Jenny Lores completou a goleada no ecuador do segundo acto co definitivo 0-6.
Resultados de oitavos:
1) UCAM El Pozo Murcia FS – Roldan STV 0 – 3
2) C.D.B. Almagro Futbol Sala – CD Futsi Atlético Navalcarnero 0 – 5
3) Viaxes Amarelle F.S. – Pescados Ruben Burela FS 0 – 6
4) Leganés FS – Penya Esplugues, Assoc. Esp. 3 – 3
5) Xaloc Alacant F.S. “A” – Universidad de Alicante 1 – 4
6) F.S.F. Móstoles – A.D. Alcorcón F.S 0 – 1
7) Bilbo F.S. – A.D. Sala Zaragoza F.S 1 – 5
Ficha técnica
Viaxes Amarelle FSF: Tami, Marta, Iru, Patri, Patri Alv., cinco inicial; tamén xogaron Inés, Zaida, Yaia, Mónica
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Jenny, Ale de Paz, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Lara Balseiro, Cristina, Jenny Lores, Cilene, Jozi
Goles: 0-1, minuto 2, Patri (p.p.), 0-2, minuto 21, Ale de Paz; 0-3, minuto 23, Cristina; 0-4, minuto 24, Cristina; 0-5, minuto 25, Bea Mateos; 0-6, minuto 30, Jenny Lores
Árbitros: Martínez Torres // Roldán Pérez. Por Amarelle amarela a Patri Álv. (minuto 18) e vermella Tami (minuto 23). Por Burela amarela a Cristina (minuto 18), Jenny (minuto 23)
Incidencias: Partido correspondente a oitavos de Copa da Raíña disputado no Sagrada Familia da Coruña




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
