Lugo, 15 de xaneiro de 2020.- Medio cento de establecementos da provincia participan nas xornadas gastronómicas en torno ao Camiño de Santiago que se desenvolverán dende mañá e ata o 9 de febreiro, organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) e financiadas pola Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”.
En concreto, a Consellería de Cultura e Turismo destina 16.500 euros á iniciativa “… E para comer, Lugo” no Camiño, que hoxe presentaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o presidente da APEHL, Cheché Real, e María Castro, técnico de proxectos da entidade.
Durante as vindeiras semanas, os 50 establecementos adheridos ao programa servirán tapas, racións, pratos ou menús con receitas tradicionais da gastronomía lucense moi apreciadas polos peregrinos, como bertóns recheos, caldo galego, sopa de cabaza, caldo de castañas, empanadas, polbo, lamprea, lacón con grelos ou filloas. Os restaurantes están espallados por 23 concellos da provincia, practicamente todos transitados polas rutas Xacobeas (Camiños Francés, Norte, Primitivo ou de Inverno).
Ademais, o día 8 de febreiro celebrarase en Lugo un congreso sobre a cultura gastronómica dos Camiños que contará con destacados profesionais. Incluirá catas de cafés e de viños, demostración e elaboración de receitas, un obradoiro de cociña para nenos ou unha charla a cargo de David de Jorge, cociñeiro e xornalista, coñecido como Robin Food e autor de varios libros gastronómicos e blogs sobre a materia. Terá lugar no MIHL e poden consultarse os detalles así como información sobre a reserva de prazas para as distintas actividades na páxina web da APEHL.
José Manuel Balseiro puxo este proxecto dos hostaleiros lucenses como exemplo do tipo de eventos que a Xunta quere promover mediante O teu Xacobeo, ao ser unha proposta “que pon o acento nun aspecto fundamental do noso patrimonio inmaterial, como é a gastronomía, na que se implican os axentes sociais e económicos, e que se estende polo territorio”.
O delegado lembrou que a primeira convocatoria deste programa permitiu impulsar na provincia 52 iniciativas -entre as que se conta esta da APEHL- cun investimento conxunto na provincia de 531.000 euros, e explicou que xa está en marcha a segunda edición co fin de “definir un contido cultural desde unha perspectiva ampla, multidisciplinar, plural e diversa, do que poidan disfrutar todos os galegos e galegas como antesala ao Xacobeo 2021”.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



