Fai anos o tecido asociativo era un terreo fértil, proliferaban asociacións de todo tipo e pelaxe, dende as xuvenís as de veciños, dende culturais a deportivas nas cales o principal movemento era mellorar as condicións de vida da xente. Era un motor de cambio e de avance da sociedade ben consolidado, con referentes e con capacidade de xerar tendencias. Basta con coller un directorio da Xunta para sorprenderse no teu propio concello da cantidade de entidades que ten Galicia. Nunha rápida radiografía da situación salta á vista que moitas non teñen actividade ou teñen unha actividade nula, mais se cruzamos os datos con facenda vemos que moitas teñen fortes ingresos e manexan bastantes fondos. Esta situación de parálise e absorción de fondos prexudica a iniciativas máis novidosas e menos consolidadas. Para mostra un botón, comentábanme nun concello “que ten un sistema moi xuto de axudas” de 1.000 euros a todos aquelas asociacións inscritas no rexistro municipal, que un colectivo concreto so facía unha cea ao ano con eses fondos, é isto lóxico? Quen fiscaliza iso? Que xera iso, ademais da ledicia do restaurante de quenda?
Existe na clase política local un certo medo á repercusión e forza dos colectivos que exercían noutras épocas, por iso é mellor este tipo de actuacións que as encamiñadas a promover aqueles que teñen moito dinamismo, é máis doado de xestionar. Pero é iso bo para os nosos pobos e vilas? A falla de compromiso asociativo estase notando na xente nova, que cada vez se decanta por movementos máis globais e se preocupa menos polo avance do local, con todo o que iso trae.
Pero esta situación deriva dunha mala praxes política de fai anos, todos os partidos loitaban por facer política dende os colectivos e aínda o seguen a facer, lembro cando en Lugo quen xestionaba e pedía os fondos veciñais eran as asociacións, nalgún caso tiñamos máis asociacións que veciños e os enfrontamentos e denuncias eran moi comúns.
É preciso recuperar esa masa social, esa masa cultural, de mocidade e deportiva, que aínda con moitos fallos facía que os pobos avanzasen e as relacións fosen máis humanas, porque esa masa social e critica organizada e sumando tamén é un corta lumes a extremismos e populismos, non é un tema menor que o primeiro que fixo Abel Caballero foi deixar Vigo sen masa crítica, anulando moitos movementos civís con parasitos, porén iso é moi produtivo para algúns pero moi triste para a sociedade.
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO



















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



