Ribadeo, 15 de xaneiro de 2020. O Concello de Ribadeo aprobou a licenza de actividade dos apartamentos turísticos da illa Pancha o día 1 de decembro de 2017, ao constatar que a porta de acceso estaba aberta ás 14 horas daquela data. Varios informes técnicos internos do concello e da Autoridade Portuaria esixian esa condicón dacordo ca lexislación vixente. Sin embargo, como ben saben os ribadenses, a porta seguiu pechada ao público en xeral e so poden acceder as persoas que arrenden habitacións no devandito estabelecemento. E estamos a 14 de xaneiro de 2020. Dous anos longos sen cumplirse as condicións da licenza polo que atinxe @s veciñ@s e visitantes.
Nen o noso colectivo nen a opinión pública tivemos coñecemento da concesión da licenza baixo esta condición ata primeiros de xaneiro de 2019, cando tivemos acceso a unha parte do expediente da concesión da licenza trala presentación de unha denuncia diante da Valedora do Pobo Galego, que obligou ao concello a permitirnos consultar os documentos devanditos ao abeiro da Lei de Transparencia.
Os días once de abril e oito de maio de 2019, visto que a porta de entrada na Illa Pancha seguía pechada rexistramos sendos escritos no concello de Ribadeo dando conta ao Sr. Alcalde desta circunstancia ao mesmo tempo que o puxemos en coñecemento da opinión pública. Folga suliñar que o Sr. Alcalde non respostou ou fíxose que non se daba por enterado.
De seguido agardamos mes e medio e o día 24 de xunio de 2019 formalizamos unha denuncia por escrito na Fiscalía do Xuzgado de Mondoñedo polo recorte dos dereitos democráticos dos veciños, ao non permitirse o acceso a un espazo libre de uso comunitario, engadindo os documentos mais significativos que avalían os feitos denunciados.
Agora sabemos, a través de informes xurídicos que o día 3 de Outubro de 2019, o concello de Ribadeo notificou por escrito á Empresa Eirobra SL a obligatoriedade de manter aberta ao público a porta de acceso á Illa Pancha para dar cumplimento ás condicións da concesión da licenza de actividade.
A cuestión e rechamante: O concello esixe o cumplimento da licenza 21 meses despois de concedela, nun asunto de interés xeral, onde se ven afectados os dereitos dos veciños e visitantes, pero tres meses e medio despois desa esixencia, ou sexa 24 meses despois da concesión da licencia a porta segue pechada e os dereitos democráticos do vecindario, o dereito de libre acceso a un espazo público segue pisoteado e marxinado. E o Sr. Alcalde calado, deixando o tempo correr e ollando para outro lado.
Nos últimos meses fixemos o seguimento da nosa denuncia na Fiscalía do Xuzgado de Mondoñedo e hai quince días informaronnos verbalmente que habería noticias en pouco tempo.
COLECTIVO POR NUESTRO FARO


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



