Foz, 17 de xaneiro, 2020. O Grupo Municipal do PP presentará unha moción para que a Deputación financie a contratación de un coordinador das artes da Mariña que xestione de forma eficiente as salas de exposicións na primeira planta do CENIMA dado que a día de hoxe a falta de medios humanos na area de cultura e a especialización do traballo fan imposible que o Concello poda dar un bo servizo.
Declara Castiñeira que “É unha petición feita innumerables veces polos grupos de artistas e artesáns que usan estas salas para expoñer as súas obras e que ven como o Concello de Foz non é capaz de atender cun mínimo de planificación e seguridade o apoio ás exposicións que alí se desenrolan entre elas a semana das artes plásticas da Mariña na que tamén participan escolares de toda a comarca.”
Prosegue o Voceiro Popular, “Igual que se fixo no anterior goberno municipal cos dous centros de interpretación que se montaron, un en San Martiño con servizo permanente de guía e outro precisamente na planta baixa do Cenima de turismo virtual no que a mancomunidade ubicou a técnico de Turismo , entendemos que é necesario dotar previamente de medios humanos fixos e preparados a xestión desas salas para garantir un bo servizo ao público e unha mellor organización”.
Remata Castiñeira, “Cremos que dito servizo podería estar perfectamente sincronizado coa rede museística da Deputación de Lugo que é un organismo con suficiente experiencia e bagaxe, polo que solicitamos que a Deputación de Lugo financie a contratación dun coordinador das artes da Mariña para xestionar as salas de exposición existentes na primeira planta do Cenima”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



