Foz, 20 de febreiro de 2020. A Concellería de Normalización Lingúística do Concello de Foz ven a convidar a todolos veciños e a cantos queran, a celebrar a nosa poeta, no 183 aniversario do seu nacemento.
“As estrelliñas todas que aló no espazo están, sorrindo nos miraban con soave craridá”. (Cantares Gallegos). Seguramente Rosalía nunca imaxinou que o seu nome remataría por ter un sitio no firmamento. Pero A Asociación Astronómica Io da Coruña foi a promotora da candidatura para nomear a antiga estrela HD 149143 e o planeta HD 149143 b que xira en torno a ela. Grazas a o pulo desta Asociación podemos agradecer que Rosalía poda estar presente no espazo. Pásanse a chamar Rosalía de Castro e o planeta chamarase Río Sar. Xa está a disposición das interesadas dende o pasado día 10 de febreiro e até o día 03 a unha serie de paneis informativos sobre estes obxectos celestes na Biblioteca Salgado Toimil de Foz, para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Asemade o día 21 celébrase tamén O Día Internacional da Lingua Materna cos obxectivos de promover o uso de todalas linguas e a diversidade cultural. As linguas do mundo, o noso galego e o de Rosalía, son un patrimonio cultural e intelectual que hay que protexer, de gran importancia e trascendencia cultural
Para celebrar xa o día 24 o día de Rosalía, o Concello de Foz adhírese tamén a iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e realizará a lectura do manifesto no día de Rosalía deste ano. A Concellería de Normalización Lingüística convida a quen quera participar a un acto de lectura de poemas da nosa escritora nacional no Cenima o vindeiro día 24 de febreiro a partir das 17 hs. Que Galiza teña como referencia nacional unha muller xa é ben significativo e é motivo de celebración, a súa rebeldía e ese estar sempre á beira dos humildes son as ideas xerais que manexa o pobo galego cando escolle Rosalía de Castro para darlle nome a unha escola, a unha rúa, a un grupo folclórico, a unha sociedade de emigrantes, a unha publicación e agora a unha estrela.
.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



