Lugo, 28 de febreiro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou esta mañá no Salón de Actos do Pazo de San Marcos xunto con María Loureiro, Deputada de Muller e Igualdade, e Gema Domínguez, xestora de Comunicación de Coca-Cola European Partners Iberia, o programa Xira Mulleres, que se desenvolverá durante a primeira quincena de marzo na provincia de Lugo. Trátase dun proxecto que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade e impulsar o emprendemento feminino a través de obradoiros.
Eses talleres, que impartirá Alma Natura, desenvólvense baixo o nome de Viaxe ao emprendemento, e están destinados a aquelas mulleres que queren emprender e desenvolver unha idea de negocio vencellada ao sector da alimentación e bebidas.
“A igualdade real entre mulleres e homes en todos os ámbitos, tanto social, como económico e laboral, é un obxectivo prioritario da Deputación de Lugo, no que traballamos de maneira transversal porque cremos que é imprescindible para unha sociedade realmente democrática. Por iso, apoiamos este programa, Xira Mulleres, porque cremos que é unha iniciativa que contribúe a cambiar a realidade que a día de hoxe describen os datos”, subliñou o Presidente, quen lembrou que “as mulleres teñen maior precariedade, maior temporalidade, e maiores dificultades de acceso, permanencia e promoción no mercado laboral. En Galicia, as mulleres cobran de media preto de 5.500€ menos ao ano que os homes, e na nosa provincia, o 55% das persoas sen emprego son mulleres”.
Deste xeito, proxectos como o de Xira Mulleres “son útiles e necesarios para axudar a darlle a volta a esta situación de desigualdade, e que as mulleres desempeñen un papel fundamental no desenvolvemento económico do territorio e tamén para frear o despoboamento a través do acceso ao emprego e ao autoemprego, mediante a información, a formación, o asesoramento e acompañamento nos seus itinerarios de inserción laboral”, asegurou José Tomé.
Os obradoiros desenvolveranse en Monforte de Lemos, Viveiro, A Fonsagrada, Cospeito e Guitiriz. En total, formarase a medio cento de mulleres da provincia de Lugo, que se poden anotar de forma gratuíta no teléfono 959 19 77 29, no seguinte enderezo electrónico: https://preinscripcion.giramujeres.com/fundacionmujeres ou a través do Concello no que se imparte o obradoiro.
14.000 mulleres en toda España
Xira Mulleres é un programa, cofinanciado por The Coca-Cola Foundation, dirixido a mulleres que queren empregarse ou desenvolver unha idea de negocio vencellada ao sector da alimentación e bebidas. Constitúe unha oportunidade para o desenvolvemento do talento e das capacidades de traballo das mulleres a través dun programa de formación e mentoría que contribúa ao seu avance profesional, adaptado aos diferentes obxectivos das participantes. En total, case 14.000 mulleres participaron nas tres edicións de Xira Mulleres en toda España.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



