Neste momento xa está legalizada a asociación, unha vez inscrita na Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Na asemblea está previsto preparar o camiño para que outras persoas, máis relacionadas coa actualidade da residencia xa en funcionamento, tomen as rendas do acompañamento da nova entidade de coidado dos nosos maiores, acordando os postos directivos, así como as tarefas máis inmediatas.
