Mondoñedo, a 13 de febreiro de 2020.- A zona rural precisa dispoñer de infraestruturas de comunicación que non sexan de condicións inferiores ás que se poden disfrutar nos ámbitos urbanos. En Mondoñedo comezan uns traballos que mellorarán de maneira decisiva a cobertura de telefonía móbil nunha parte do territorio municipal. Concretamente, acaban de empezar as obras para instalar o repetidor de telefonía móbil, no marco do Plan de Extensión de Banda Ancha da Xunta de Galicia, en Estelo de Tronceda, en Mondoñedo.
A instalación do repetidor faise mediante acordo de colaboración entre Telefónica Móviles España co Concello de Mondoñedo e coa Comunidade de Montes Veciñais de Estelo e Tronceda. Telefónica resultou adxudicataria no seu momento da subvención para a extensión das redes de acceso de banda ancha no rural galego, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional, dentro da liña estratéxica de desenvolvemento de infraestruturas do Plan Director de Banca Ancha de Galicia 2010-2013, aprobado polo Consello da Xunta o 18 de febreiro de 2010.
O presuposto de execución destas obras ascende a 9.844,46 euros. A actividade que realizará esta estación base de telefonía móbil e a de recepción-transmisión de sinais radioeléctricas, destinadas a telefonía móbil. A estación base está constituída por unha torre de celosía, de 25 metros, sobre a que se montarán unicamente os equipos de radio e antenas.
Coa posta en servizo desta estación mellorará a cobertura nunha ampla zona do municipio no entorno de Estelo-Tronceda.
Por outro lado, o Concello solicita a adhesión ao convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), a través da Fegamp, para a mellora da cobertura da telefonía móbil en Figueiras e zonas de Santa María Maior, nas que non hai, ou apenas hai cobertura actualmente.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



