Viveiro, 13 de febreiro de 2020. O Concello de Viveiro anima aos mozos e mozas de entre 16 e 30 anos a participar como voluntarios no ‘Programa Servizo Voluntariado Xuvenil 2020’ organizado dende a Oficina Municipal de Voluntariado e a Oficina Municipal de Información Xuvenil.
Este programa, ao abeiro dunha subvención da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, pretende brindar á mocidade a oportunidade de desenvolver unha serie de posibilidades no ámbito persoal e profesional, e contribuír a aumentar a súa dispoñibilidade de cara ao emprego e a súa participación na sociedade en xeral.
A iniciativa enmárcase dentro da Concellería de Servizos Sociais e Inmigración e componse de diferentes actividades de apoio educativo e de lecer a colectivos en situación de risco que se levan a cabo durante todo o ano.
Hai un compoñente sensibilizador e formativo, xa que a través do mesmo pódese formar a un equipo de voluntarios/as que desexen colaborar de forma solidaria na organización destas actividades. A labor dos/das voluntarias/os basearase na intervención con menores e adultos, para fomentar a súa formación, promover o coñecemento, e aproveitar os recursos do noso concello.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca a importancia de que “os mozos e mozos participen neste tipo de iniciativas, que lles servirán como experiencia persoal e profesional, estou convencida de que non esquecerán a súa labor como voluntarios”.
O programa vai dirixido voluntarios/as con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos que teñan, preferiblemente, algunha formación na área educativa ou social. Ten unha duración comprendida entre 15 e 60 días, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2020, en función das indicacións da orde de convocatoria da axuda da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
“Como actual concelleira de Benestar Social e participante do Programa de Voluntariado Xuvenil da Xunta en 2018, insto a toda a xuventude de entre 16 a 30 anos con interese no eido social e educativo a participar polo enriquecedor da miña propia experiencia, no só a nivel laboral senón especialmente persoal”, asegura a concelleira Victoria Baamonde.
“Formar parte dun proxecto coma este supón unha oportunidade única na que formar parte dun equipo multidisciplinar cun interese común, apoiar o desenvolvemento integral de aqueles nenos, nenas e adolescentes que mais o necesitan”, engade.
A mocidade interesada en participar deberá cubrir unha ficha solicitando a participación voluntaria no programa e acudir á Oficina Municipal de Voluntariado, situada no Centro de Servizos Sociais (avda. de Cervantes s/n), os martes en horario de 10:30 h. a 13:30 h., ou chamando os teléfonos 982 550421/982 562149.
Tamén poden ir á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada no Concello de Viveiro, de luns a venres en horario de 10:15 h. a 13:30 h., ou chamando ao teléfono 982 560128.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



