Alfoz, 28 de febreiro de 2020. O Ciclo de Cine do mes de marzo de Alfoz estará dedicado ás mulleres coa proxección das películas ‘Figuras ocultas’, o sábado 7, e ‘Sing’, o domingo 8 de marzo, ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
Dúas propostas gratuítas e para todos os públicos que queren converterse nun espazo de reflexión, así como un homenaxe ás mulleres pola súa loita a favor da igualdade. De este xeito, a iniciativa continúa a dinamizar a oferta cultural do Concello de Alfoz ao tempo que promove reflexionar sobre a importancia de romper coas barreiras de xénero e exaltar o papel da muller e a necesidade da igualdade real.
Sinopses:
‘FIGURAS OCULTAS’ é a increíble histora de Katherine Johnson (Taraji P. Henson), Dorothy Vaughn (Octavia Spencer) e Mary Jackson (Janelle Monae), tres mulleres afroamericanas que traballaron para a NASA e foron os cerebros detrás dunha das maiores operacións da historia: o lanzamento á órbita do astronauta John Glenn. O trío visionario rompeu todas as barreiras de xénero e raza para inspirar o gran soño das futuras xeracións.
‘SING’ Buster Moon é capaz de todo para salvar o seu teatro. Sabe que o seu soño está a punto de desaparecer e solo ten unha oportunidade: organizar o concurso de canto máis grande do mundo. Tras varias etapas, quedan 5 finalistas: Mike, un rato con voz suave; Meena, unha elefanta adolescente con medo escénico; Rosita, exhausta nai de 25 porquiños; Johnny, un gorila mafioso; e Ash, unha ourizo punk-rock.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



