Ribadeo, 24 de febreiro de 2020. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza un novo curso que se celebrará esta fin de semana, o día 29, en Ribadeo. Será no Centro de Experimentación Agroforestal Pedro Murias, onde Pedro Álvarez impartirá un curso sobre climatización, que terá unha duración de oito horas e para o que hai xa preto de 20 persoas inscritas. O presidente de APAGA, Álvaro Doural, anuncia que ata finais de maio todas as fins de semana haberá actividades formativas en Ribadeo e agora tamén na Coruña.
Doural explicou que “este curso de climatización se vai facer no Centro de Experimentación Agroforestal Pedro Murias de Ribadeo, que desde hai unhas datas é a nova ubicación da asociación de profesores, onde temos unhas instalacións cedidas pola Consellería de Medio Rural. O día 29 vaise facer un curso de climatización no que se vai falar das novas tecnoloxías, dos novos gases que se van utilizar nos vehículos”.
O presidente de APAGA dixo que “é un curso que practicamente xa está pechado, queda algunha praza, pero tivo unha gran afluencia de xente moi interesada. De aquí a finais de maio están programados cursos todos as fins de semana. Algúns deles vanse facer na nova sede que temos en Coruña e outros en Ribadeo. A maioría seguen facéndose en Ribadeo, pero algúns si se van desprazar coa idea de que o curso sexa da maior calidade posible, de ter uns materiais e os medios axeitados aos contidos do mesmo”.
Álvaro Doural anunciou que “posiblemente en datas antes do verán imos ofertar outro tipo de iniciativas. Estamos nun ano de continuos cambios, de continuas posibilidades. Desde a asociación cremos que debemos responder ao reto que hai de necesidades de formación, e tamén naqueles casos de toda aquela xente que se queda sen formación e sen un medio onde poder competir despois no mundo laboral. Creo que imos a ese campo, como asociación sen ánimo de lucro penso que debemos responder a todo ese tipo de iniciativas”
O presidente de APAGA cre que “é un apoio a resolver todas estas situacións que se están dando na Mariña de cantidade de empresas que están pechando ou en situación crítica, e penso que o tema da formación é un poder importante que está aí. Ata finais de maio vai haber unha programación as fins de semana, e de cara ao verán esperamos poder ofertar cousas novas e outros proxectos que se están facendo noutros países de Unión Europea. Creo que hai campos moi atractivos e que se poden programar actividades que supoñan un valor engadido a toda a xente da Mariña”.
Doural engadiu que “neste momento estamos reordenando a nosa organización, aínda que hai pouco tempo que fixemos uns cambios, vai haber outros con máis profundidade de aquí ao verán que penso que poden ser moi novidosos, moi atractivos e interesantes para as persoas que viven nesta zona de Galicia. Algunha das actividades pensamos que imos ofertalas a nivel galego ou ás comunidades autónomas cercanas”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



