Viveiro, 24 de febreiro de 2020. O Concello de Viveiro anuncia que, con motivo do inicio das obras de demolición parcial e reconstrución para a adaptación á normativa urbanística dun edificio da avenida Nicolás Cora Montenegro, número 50 (en cumprimento de execución de sentenza), é necesaria a instalación dun guindastre de grandes dimensións.
-A instalación do referido guindastre está prevista para o venres 28 de febreiro, a partir das 08:00 horas, estimándose que estas labores de instalación rematen durante ese mesmo día.
-A referida instalación conlevará restricións de tráfico na rúa Nicolas Cora, nos seguintes termos:
a) Restrinxirase totalmente a circulación de vehículos, con excepción dos accesos a garaxes situados nesa rúa.
b) Non se poderá estacionar en toda a rúa dende a tarde do xoves 27 de febreiro, a fin de habilitar dobre saída de circulación para entradas e saídas de garaxes a ambas marxes do número 50.
c) Á altura do inmoble número 50, a circulación verase totalmente restrinxida.
d) Permitirase o acceso de vehículos para facer uso da praza de transporte adaptado existente antes no número 50 desta rúa.
e) Veranse afectadas as paradas de bus escolar da Praza Juan Donapetry e de Nicolás Cora, polo que se solicita aos escolares usuarios das mesmas que ese día fagan uso da parada de bus existente fronte ao Conservatorio de Música ou aquela que, no seu caso, indiquen dende a empresa de autobuses.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



