Burela, 29 de febreiro, 2020. Vista Alegre e a Alma Laranxa sufriron esta tarde demasiado castigo ante o potencial do FC Barcelona (1-6). Arrincaron ben os de Juanma Marrube, sendo sólidos e concienciados de como manexar un partido equilibrado e intenso; púxose por diante no electrónico o Pescados Rubén Burela FS, xerou e xerou aínda que foi o titánico rival o que soubo aproveitar para dar a volta con 1-3 ao descanso. No ecuador do segundo e co 1-4, que fixo moito dano, os locais optaron por xogo de cinco sen éxito e con dúas dianas máis encaixadas a porta baleira. Vista Alegre volverá lucir as súas mellores galas xa o mércores para recibir o Jimbee Cartagena, na xornada 15 aprazada en decembro por temporal (21.00 horas).
No 4, na primeira chegada laranxa, Álex Diz fixo estalar a Bancada, cun roubo en media pista sobre Boyis e disparo raso ao que nin se achegou Juanjo. O meta blaugrana evitou a tentativa de Xande, en saque de esquina de Renato, pouco despois. O todopoderoso Barça igualou a contenda no 8, con Daniel, desde saque de esquina. Pouco despois foi Álex Diz o que estivo a piques de repetir xesta, desde balón parado, pero o pau freou a iniciativa local. Renato intentouno, por partida dobre, con mísiles de lonxe. O 22 burelista hoxe tiña fame de gol; no 11 intentou poñerlla ao segundo pau a Luisma, pero cortouna, Juanjo, e pouco despois volveu facer tremer o pau, tras a falta sobre Joselito. Edu estivo perfecto fronte a Dyego; con todo, nada puido facer o naronés de novo ante a estratexia dos cataláns, que se adiantaron no marcador no minuto 15 con Aicardo, desde saque de esquina. A punto estivo de igualar a contenda Pixote nun disparo cruzado; quedaban aínda tres e medio para o descanso. Juanjo, co corpo, desartellou outra de Lucho. Do que podería ser o empate pasou ao 1-3, no 18, con Adolfo, en recuperación tras rexeite alto de Lucho. Pixote volveu ter o gol nos seus pés, estrelándose contra o traveseiro.
Diz volveu ser o perigo no regreso; Renato intentouno pouco despois. Eto’o, no 26, a punto estivo de sorprender a Juanjo desde a banda. O meta catalán hoxe parábao todo, ata sacou a perna ante Joselito, no 27. Non estaba atopando a recompensa merecida Burela e case chega o cuarto visitante, con Adolfo, en recuperación. Non perdoou o Barcelona a seguinte oportunidade, con galopada de Dyego pola banda, gañándolle a partida a Lucho; Edu freouna en primeira instancia pero non puido evitar que o esférico superase a liña. Con 1-4 e rozando o ecuador do segundo acto, Xande enfundouse na camisola de porteiro xogador. Non conseguiu xerar perigo o conxunto local e aproveitaron os de Andreu Plaza para subir o 1-5 a porta baleira, no 33, con Adolfo, que completou a vitoria catalá nos últimos compases.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Luisma, Renato, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Pixote, Pitero, Xande, Eto’o
FC Barcelona: Juanjo, Boyis, Dyego, Adolfo, Arthur, cinco inicial; tamén xogaron Aicardo, Ximbinha, Marcenio, Daniel, Roger
Goles: 1-0, minuto 4, Álex Diz; 1-1, minuto 8, Daniel; 1-2, minuto 15, Aicardo; 1-3, minuto 18, Adolfo; 1-4, minuto 29, Dyego; 1-5, minuto 33, Adolfo; 1-6, minuto 40, Adolfo
Árbitros: Mayo López // Panadero Díaz-Concha. Por Burela amarela a Renato (minuto 8), Álex Diz (minuto 20). Por Barcelona amarela a Daniel (minuto 8), Boyis (minuto 12), Dyego (minuto 28)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 23 de Primeira División disputado en Vista Alegre rozando o aforo completo






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
