Alfoz, 13 de febreiro de 2020. Alfoz prepara diversas actividades o luns 24 de febreiro para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Dende a área de igualdade levarase a cabo a exposición “Rosa, rosa… Rosalía”, na que se incluirá a súa biografía e obra, poñendo en valor a figura da poetisa como referente de muller pioneira do feminismo na literatura.
Ademais, conxuntamente coa área de cultura, realizarase de 10 a 12 horas, na biblioteca municipal, un obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos. Os participantes elaborarán diferentes ilustracións de Rosalía, e un mural xigante en 3D que se incorporará á exposición e elaborarán poemas con pictogramas a partir de poemas musicados de Rosalía e cadansúa chapa coa imaxe da poetisa.
Os interesados en participar no obradoiro creativo deberán anotarse antes do mércores 19 de febreiro no CEIP, no IES ou na biblioteca municipal, onde teñen dispoñibles as inscricións, así como na páxina web do concello www.concellodealfoz.com, onde poderán descargala e entregala en calquera destes lugares.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



