Foz, 29 de febreiro de 2020. O Concello de Foz continúa a traballar nas obras de mellora de camiños en distintas parroquias do rural con cargo ao Plan Único 2019. Unha vez rematada a limpeza de cunetas na parroquia de Santa Cilla (barrio do Chao) e San Martiño (camiño Río – O Carme) estase procedendo ao perfilado das marxes do camiño Alemparte – Vilamor, na parroquia de Cangas, e dos camiños proxectados na parroquia de Nois (Apeadoiro – Carpacide e Cabanas – Lamallada). A continuación procederase á limpeza de cunetas no camiño Bargado – Lousada, dentro das obras de mellora de viarios no rural con cargo ao Plan Único 2019.
Estas actuacións completan un total de máis de 279.000 euros de investimento financiados pola Deputación de Lugo a través do Plan Único 2019 e que consisten na mellora do firme con aglomerado en quente de distintos viarios municipais, ao que se engadiu o pintado da sinalización horizontal e distintas melloras.
O Concello de Foz informa ademais que o vindeiro luns, día 2 de marzo, darán tamén comezo as obras no camiño de Alemparte, entre a Nacional 642 e o Camiño Real, na parroquia de Cangas. Financiada con 48.000 euros de fondos propios, a primeira actuación consiste na renovación da tubería de abastecemento de auga, substituíndo a actual condución por unha canalización de PVC de 75 milímetros de diámetro e 10 atmosferas de presión, que evitará as continuas roturas que se estaban a producir nesta tubaxe. As obras complétanse co aglomerado en quente do camiño con mestura bituminosa tipo D-12 e a disposición da sinalización necesaria.
Para rematar o Concello de Foz quere trasladar as súas desculpas polas molestias ocasionadas durante o transcurso das obras e pide extremar a precaución mentres estean as máquinas traballando.




















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



