Burela, 29 de febreirio, 2020. O Pescados Rubén Burela FS regresa da xornada 22 co primeiro empate a domicilio da tempada na pista do STV Roldán (2-2). As mariñás remaron contra a vantaxe do 1-0 nas proximidades do descanso e remontaron o 2-0 nos últimos catro minutos de xogo avaladas polo xogo de cinco, liderado por Cilene.
As pupilas de Julio Delgado, que non puideron contar con Lara -por enfermidade- e con Jenny Lores retirada na primeira rotación por un golpe no xeonllo, dominaron o encontro e xeraron ocasións pero sen éxito sobre a rede custodiada por Ana Etayo. Cilene, Jenny e Ale de Paz dispuxeron das máis claras pero foron as locais as que aproveitaron para marchar ao descanso con vantaxe grazas ao dobre penalti, no minuto 18, transformado por Andrea Marín.
Definitivamente Ana Etayo tiña hoxe un imán fronte ás acometidas mariñás, con Ale de Paz como unha das máis activas. Con máis de oito minutos por diante e sen poder mover o marcador, as Guerreiras apostaron por xogo de cinco con Cilene como baluarte. Con todo, foi o Roldán o que atopou de novo o premio, a porta baleira, de Bet Carrasco, ao cazar un erro de circulación laranxa; cumpríase o 34 de xogo. Non cesou na súa insistencia Pescados Rubén; Etayo evitou o remate de cabeza de Peque e Jenny tivo outra de ouro. Parecía que non entraba nada pero, por fin, a portuguesa puido reducir no 36, a pase de Ale de Paz, tras un brillante regate de Cilene. Etayo evitou o empate das galegas ante un gran lanzamento de Peque; aínda quedaba 1’31” por diante. Volveu sacar un pé provindencial a meta local para frear a Dany, pero nada puido facer a balón parado, con 42 segundos aínda en xogo, coa sempre máxica Cilene. Dispuxo Burela do que podería ser o gol da vitoria a 9 para a bcina final, con todo, aí estaba a protagonista do partido.
Ficha técnica
STV Roldán: Etayo, Andrea, Bet, Riscos, Ángela, cinco inicial; tamén xogaron Ángeles, María, Alba, Claudia, Mayte, Cristina
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cristina, Cilene, Peque, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Dany, Ale de Paz, Luci
Goles: 1-0, minuto 18, Andrea Marín (d.p.); 2-0, minuto 34, Bet Carrasco; 2-1, minuto 36, Jenny; 2-2, minuto 40, Cilene
Árbitros: Martínez Martínez // Murcia Castillo. Por Roldán amarela para Andrea Marín (minuto 23.) Por Burela amarela para Cilene (minuto 25)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 22 de Primeira División disputado no Gabriel Pérez de Roldán






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
