Lugo, a 26 de febreiro de 2020. O Grupo Provincial do Partido Popular vén de acadar o apoio de PSOE e BNG para instar ao Goberno central a aceptar as alegacións da Xunta e do comité de Alcoa-San Cibrao ao Estatuto Electrointensivo. A voceira, Elena Candia, agradeceu a postura do resto de grupos políticos, pois o actual contido do Estatuto, o Executivo central vai na dirección correcta só se quere pechar a industria electrointensiva galega e concretamente a factoría mariñá.
“Os traballadores non cren en fotos nin promesas, senón na modificación do estatuto para rebaixar o prezo da enerxía que permita manter a actividade na planta de Alcoa en San Cibrao e, polo tanto, que garante o emprego dos traballadores. Demandan unidade que se manifesten de maneira rotunda porque todos temos a mesma preocupación, pero non todos temos a mesma responsabilidade. Temos un documento, un instrumento normativo que, en lugar de mellorar, empeorou a situación do desenvolvemento da actividade de Alcoa en San Cibrao. Por iso, traemos hoxe unha moción que pide que se acepten as alegacións presentadas polo goberno galego, asturiano e cántabro e tamén dos traballadores ao estatuto porque en lugar de aportar recursos suficientes aporta incertidume polo que é insuficiente”, explicou na súa intervención.
Segundo destacou Candia, o documento actual “é un peaxe que hai que pagar polo apoio ao Goberno de Partido Socialista, pero a planta galega está en desventaxa”. A este respecto, a voceira do PP afeou ao presidente do Partido Socialista que viñese esta fin de semana a apoiar a un compañeiro e non trouxese unha solución ao problema. É, por este motivo, polo que a popular instou ao presidente da Deputación e aos seus compañeiros de partido a “liderar unha iniciativa que traia beneficios para a provincia sen politizar co asunto”.
As propostas efectuadas desde Galicia, que non foron tidas en conta no proxecto de Estatuto, suporían a categorización dos consumidores hiperelectrointensivos, descontos nas peaxes de transporte, compensación do imposto de xeración ou o céntimo verde ao carbón. Os populares sinalaron que é imprescindible asegurar un prezo estable e competitivo da enerxía eléctrica. Precísase unha rebaixa do custe ata os 35-40 €/MWh.
O grupo que ten por portavoz a Elena Candia, destaca así que as medidas avanzadas polo Goberno son insuficientes e son as mesmas que se deron a coñecer á mesa de traballo na que a propia Alcoa xa lle advertiu de que eran insuficientes. Os populares esixiron así ao Goberno que deixe de xogar cos traballadores, porque está en xogo o futuro de miles de familias.





















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



