Santiago de Compostela, 07 de febreiro de 2020. A parlamentaria socialista Patricia Otero acusou hoxe á Xunta de “botar balóns fora” sinalando ao Concello de Ribadeo pola praga de moscas e mosquitos no entorno do Porto comercial de Mirasol logo de levar 8 meses “sen facer nada” despois de ter sido informados oficialmente. A parlamentaria socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca do Parlamento na que reclamou unha resposta urxente e eficaz do ente autonómico.
Otero dirixiuse en concreto á presidenta de Portos de Galicia para afearlle que non teñan tomado ningunha medida a día de hoxe para prever unha praga que nos últimos anos chega na época de calor molestando tanto a veciños como aos comerciantes e hostaleiros. Tanto os hostaleiros como a Asociación de Comerciantes sinalan como orixe do problema a un almacenamento de madeira no Porto de Mirasol.
Logo de varios anos soportando as pragas, os veciños e os comerciantes están “desesperados” polo impacto negativo tanto para a súa vida diaria como para a actividade comercial habitual, xa que a maior incidencia rexístrase precisamente nos meses de verán. A propia Asociación se ten dirixido a Portos para alertar deste problema coincidindo coa celebración da Festa Indiana, cando Ribadeo ten maior número de turistas.
Informe independente
Lembrou que o propio Concello encargou un informe independente en xuño do ano pasado que apuntaba a un almacenamento de madeira no Porto de Mirasol como posible orixe do problema. Este informe, ademais, ofrece dúas posibles solucións, como son o tratamento da madeira e a retirada destes “milleiros de toneladas” de material “depositadas dende hai anos”.
Patricia Otero advirte de que “calquera tratamento que tomen os hostaleiros e os veciños para frear a praga será inútil sempre e cando non se trate a orixe do problema”, polo que lle reclamou á responsable de Portos que “se non lle dan credibilidade ao informe encargado polo Concello, a lo menos “poñan tódolos mecanismos en marcha para coñecer a orixe do problema” e traballen “para que a imaxe de Ribadeo non se vexa prexudicada”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



