Viveiro, 12 de febreiro de 2020. O Concello de Viveiro foi durante a xornada de hoxe o escenario das probas prácticas e teóricas da XI Olimpíada de Xeoloxía, que reuniou na vila a 60 alumnos e alumnas.
En concreto, Viveiro foi unha das cinco sedas galegas da proba e hoxe estiveron representados na vila alumnos do IES Perdouro de Burela; IES Moncho Valcarcel das Pontes; e o IES María Sarmiento e IES Vilar Ponte, de Viveiro.
En palabras da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, “é unha honra para a nosa vila participar neste tipo de iniciativas, o ensino é prioritario na nosa acción de goberno e somos un concello acolledor, estamos encantadas de ser hoxe unha das sedes da olimpíada”.
No acto de clausura e de entrega de premios e diplomas, Jesús Fernández, tenente de alcalde de Viveiro, agradeceu o esforzo “dos docentes e dos sesenta alumnos participantes, os nosos máis sinceiros parabéns e a nosa gratitude pola súa implicación, facendo posible que esta actividade fose un éxito”.
“Quero agradecer á Asociación Española para la Enseñanza de Ciencias de la Tierra, á Sociedade Española de Xeoloxía e ao Colexio Oficial de Xeólogos o seu gran traballo e esforzo na organización destas olimpíadas e por brindarnos a oportunidade de participar”, manifestou.
“Por suposto, en nome do Concello de Viveiro quero felicitar aos alumnos e alumnas que obtiveron os mellores resultados e aos que hoxe foron seleccionados para pasar á fase nacional, o vindeiro 28 de marzo en Cuenca, os nosos mellores desexos para que disfruten da proba e poidan obter os mellores resultados”, engadiu Fernández.





















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



